Ciclo Intensivo: Calendario do Curso 2016/2017

Calendario do ciclo intensivo para o curso 2016-2017


O curso académico comezará o luns 3 de outubro de 2016 ata o venres 9 de xuño de 2017.

O primeiro cuadrimestre comezará o día 3 de outubro de 2016. As clases rematarán o día 3 de febreiro de 2017 e poderán estenderse ata o día 10 de febreiro para recuperar algunha clase ou realizar probas de avaliación.

A semana do 5 ao 9 de decembro non está contabilizada debido ás interrupcións causadas polos dous festivos, pero pode usarse para recuperar algunha clase se fora necesario.

A docencia interromperase durante o Nadal,  dende o 23 de decembro de 2016 ata o 8 de xaneiro de 2017 (ambos incluídos).

O segundo cuadrimestre comezará o día 20 de febreiro de 2017. As clases rematarán o día 9 de xuño de 2017 e poderán estenderse ata o día 16 de xuño para recuperar algunha clase ou realizar probas de avaliación.

A docencia interromperase durante a Semana Santa,  dende o 10 ata o 14 de marzo de 2017(ambos incluídos).