Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Presentación do proxecto "Ocean literacy" | Scientists meet Artists

29 novembro 2022 · Edificio Redeiras da UVigo · 13.00 h CET

Scientists meet Artists é unha iniciativa do Campus do Mar e Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo que foi concibida como un lugar de encontro e diálogo entre dúas disciplinas diferentes: a Ciencia e a Arte. A indagación científica, inherente ao mundo da investigación, dialoga coa creatividade, característica do mundo artístico. O resultado desta interacción foise reflectindo nunha colección de fichas con temas e estilos diversos.

“Ocean literacy” é o segundo proxecto de Scientists meet Artists. Dá vida a sete ilustracións que recompilan cada un dos sete principios esenciais da cultura oceánica ou alfabetización mariña, inspira-das e explicadas por tres científicas e cinco científicos. Trátase dunha serie de recursos didácticos accesible libremente para a poboación que busca cubrir a falta de materias relacionadas cos océanos no ámbito da educación formal. É o resultado do encontro entre persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Centro Oceanográfico da Coruña, coa ilustradora Inés Vázquez.

Gustaríanos contar coa tua presenza o martes, 29 de novembro ás 13.00 h no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés 11, Casco Vello de Vigo) neste evento axeitado para tódolos públicos no que imos presentar o proxecto, ás persoas protagonistas e o material didáctico creado. ¡Non quedes sen o teu cartaz de Ocean literacy!

*Será posible asistir únicamente previa confirmación da inscripción. Cada asistente deberá cubrir unha inscrición antes do 28 de novembro e dispor da sua confirmación. Aforo limitado.

Se tes algunha dúbida, por favor, contacta connosco no correo campusmar@uvigo.es ou chamando ó 986 13 02 56 (9.00 h -14.30 h)

*Evento auspiciado polas Nacións Unidas coma actividade incluida dentro do Programa do Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible