Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Solicitude de exención por condición de persoal das Universidades Públicas Galegas - Curso 2020/2021

Formulario de xestión da solicitude de exención prezos públicos de matrícula persoal do SUG - Curso 2020/2021

Este formulario debe ser utilizado no caso de que non marcaras en matrícula a exención.

  • Se non efectuou o pagamento poderá solicitar ata o 30 de decembro a aplicación da axuda. Anularanse os pagamentos pendentes (incluído o incremento) que son obxecto de axuda e expediráselle unha nova Folla de liquidación de ser o caso. No caso de pagamentos enviados á entidade bancaria non poden ser anulados polo que serán obxecto de devolución cando o pago sexa confirmado.
  • Se realizou o pagamento poderá solicitar a aplicación da axuda a través do formulario electrónico ata o 31 de maio. Unha vez aplicada a axuda procederase á devolución das cantidades que correspondan. As solicitudes de aplicación da axuda presentadas despois do 31 de maio serán desestimadas.

As persoas solicitantes deberán presentar de non telo presentado en cursos anteriores ou de producirse variación nos datos, a través deste formulario a seguinte documentación :

  • Copia do libro de familia onde figure a persoa titular do dereito e as persoas beneficiarias,
  • no caso de persoas que convivan maritalmente certificado de convivencia,
  • nos supostos de parellas de feito documentación acreditativa

A  tramitación da solicitude da axuda estará condicionada a existencia de conformidade por parte da persoa titular do dereito.

No caso de que a persoa titular do dereito rexeite ou non confirme a solicitude) e deberá aboar os prezos correspondentes.

De acordo co disposto no artigo 13 do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, relativo á protección da persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e co disposto no artigo 11 da Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos facilitados na solicitude serán tratados baixo a responsabilidade da Universidade de Vigo. En calquera momento poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, oposicion e cancelación mediante solicitude dirixida ao reitor da Universidade de Vigo no rexistro da Universidade de Vigo, ou en calquera dos rexistros indicados no artigo 16 da LPCAP. Máis información: https://www.uvigo.gal/proteccion-datos