Secretaría Uvigo

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

ANEXO II - PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PREMIOS UVIGO HUMANA

ANEXO II - PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PREMIOS UVIGO HUMANA

Os Premios Consello Social_UVigoHumana teñen por obxecto o recoñecemento por parte da Universidade de Vigo e do Consello Social ao labor desenvolvido por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais tanto galegas como internacionais que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación.

A través deste Anexo poderá presentar unha proposta de candidatura. Tal e como establece as bases desta convocatoria, poderán presentar candidaturas: membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo, institucións públicas, entidades educativas, culturais e sociais, Organizacións Non Gobernamentais, persoas e institucións de recoñecido prestixio e outras persoas ou representantes de entidades invitadas pola organización.

Teña en conta que non serán admitidas as candidaturas a título póstumo nin a aquelas persoas, organizacións ou institucións que soliciten os Premios para si mesmas, nin as propostas provenientes de membros da Comisión de Valoración.

 


Datos de contacto
Vicerreitoría de Responsabilidade Social
vicinternacionalizacion@uvigo.es
986813587