Secretaría

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Asociacións estudantís: Inclusión ou actualización dos datos no Censo de asociacións

Formulario para solicitar a inclusión ou actualización dos datos no Censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo

Teña en conta que:

  • Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís no que o porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas.
  • A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou quen teña a representación da asociación estudantil.
  • Ao rematar de encher o formulario, debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro, achegando a seguinte documentación:
  • Para a inclusión no censo:
    • Compoñentes da xunta directiva (Anexo II). Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de alumnado da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe presentarse debidamente cumprimentada e asinada pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.
    • Acta de constitución da asociación estudantil, debidamente asinada por todos os promotores.
    • Certificación da súa condición de asociación legalizada pola Xunta de Galicia.
    • Fotocopia do CIF da asociación estudantil.
    • Estatutos da asociación estudantil, asinadas en todas as páxinas polos promotores e visados pola Xunta de Galicia e adaptados segundo o establecido la lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo (BOE do 26).
    • Certificación da conta bancaria, selada pola entidade, a nome da asociación estudantil.
    • Fotocopia do libro de asociados. Indicarase  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os/as estudantes  membros da asociación, que non poderán ser menos do 50% do total dos socios.
    • Copia de NIF/NIE da persoa que ostenta a presidencia e do resto de promotores.
    • Programa de actividades para o ano 2018, aprobado en asemblea, cunha breve descrición de obxectivos e contidos, orzamento de gastos e ingresos previstos.
 
  • Para a actualización dos datos:
    • Compoñentes da xunta directiva (Anexo II). Este impreso debe presentarse debidamente cumprimentada e asinada pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.
    • Relación de asociados e asociadas no presente ano (ou copia do libro de asociados). Indicarase: nome, apelidos, NIF/NIE e a titulación en que se atopan matriculados os membros da asociación que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total de socios e socias.
    • Síntese da actividade da asociación durante o ano 2017, con referencia ao funcionamento, programas levados a cabo, resumo dos orzamentos executados e grao de participación nas actividades. A programación ten que estar aprobada en asemblea, polo que é preciso que remitan unha copia, debidamente asinada,  da súa aprobación
  • Para calquera modificación da asociación estudantil, a documentación esixida aparece reflectida na convocatoria.


O prazo de presentación de solicitudes para a inclusión ou actualización dos datos no censo oficial de asociacións da Universidade de Vigo remata o 30 de novembro de 2018.

 

IMPORTANTE: Para calquera dúbida póñase en contacto coa Sección de Extensión Universitaria.

Teléfono: 986 813626

Correo electrónico: extension@uvigo.es.

.:: Para calquera dúbida ou problema pode enviar unha incidencia | Esqueceu o contrasinal ou o NIU? ::.