Secretaría

Pasos:

  • 1
  • 2
  • 3
  • 4

Bolsas Eures Mobilidade Transfronteiriza - Estudantes

Programa de formación e prácticas no norte de Portugal

 

IMPORTANTE:

  1. Antes de cubrir o formulario lea detenidamente as bases da convocatoria e o anexo I de prazas ofertadas.
  2. Despois de cubrir este formulario online debe imprimilo, asinalo e presentalo por algún dos medios que se sinalan na convocatoria, xunto coa documentación esixida.

 

O obxecto da bolsa é o fomento da mobilidade transfronteiriza do alumnado da Universidade de Vigo, a través dun programa que conxuga dúas fases:

  1. FASE DE FORMACIÓN.- Desenvolverase do 27 ao 30 de xuño de 2017, terá 12 horas de duración, e versará sobre os seguintes contidos:
  • Coñecemento e comprensión cultural e lingüística. (8 horas)
  • Habilidade para interactuar/relacionarse, intervir ou afrontar os entornos multiculturais (4 horas)

Durante esta fase non se percibirá axuda económica. 

  1. FASE DE PRÁCTICAS ACADÉMICAS. – Desenvolverase do día 1 de xullo ao 31 de agosto de 2017 e consistirá na realización de prácticas académicas externas extracurriculares nalgunha das empresas do norte de Portugal que aparecen recollidas no Anexo I desta convocatoria.

Durante esta fase as persoas bolseiras terán dereito a una bolsa cunha dotación económica bruta máxima de 400 €/mes . Estará contía mensual estará suxeita á retención por IRPF e as obrigas de cotización á seguridade social (cota obreira) que estableza a normativa vixente nestas materias.

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

Até o 9 de xuño.

 

 

.:: Para calquera dúbida ou problema pode enviar unha incidencia | Esqueceu o contrasinal ou o NIU? ::.