Secretaría Uvigo

Predoutoral - Investigación en Oncoloxía Dixestiva

OE-AEE-22-0008

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación14/01/2022
Data de fin da publicación31/01/2022
Entidade XestoraFUNDACIÓN BIOMÉDICA GALICIA SUR
Posto de traballoPredoutoral - Investigación en Oncoloxía Dixestiva
FunciónsBuscase candidatura para contratro predoutoral á Axencia Galega de Innovación (GAIN) ou ao Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) nas súas próximas convocatorias de 2022, coa finalidade de realizar a Tese de Doutoramento no Grupo de Investigación en Oncoloxía Dixestiva do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, ubicado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras).

OFRÉCESE:
- Contrato de ata 4 anos máximo (ou ata a obtención do doutoramento).
- Posibilidade de realización de estancias noutros centros nacionais ou estranxeiros.
- Incorporación a un grupo de investigación con experiencia en investigación clínica (prevención, diagnóstico e tratamento), con liñas de investigación asociadas a varios proxectos financiados no ámbito da Oncoloxía do Aparato Dixestivo:
- Cancer colorrectal (CCR), Poliposis colónicas, Cribado CCR, Síndromes Xenéticos.
- Biomarcadores en cáncer dixestivo (CCR, páncreas).
- Avaliación de novas tecnoloxías asociadas ao diagnóstico e monitorización do cáncer dixestivo.
- Realización de ensaios clínicos multicéntricos.
- Coordinación entre niveis asistenciais.
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
CoñecementosIMPRESCINDIBLE:
- Posuír titulación en Ciencias da Saude (Bioloxía, Bioinformática, Biotecnoloxía, etc.).
- Nota media de Grao/Lic. ou Mestrado igual ou superior a 7 (acreditar con expediente académico).
Estar admitido/a ou matriculado/a, ou en condicións de estalo, nun programa oficial de doutoramento do Sistema Universitario de Galicia.
- Non ter sido contratado/a anteriormente na modalidade de contrato predoutoral por un período de máis de 12 meses.

A VALORAR:
- Actividade investigadora previa (participación en congresos, publicacións, proxectos de I+D, patentes, etc.), especialmente en investigación clínica ou biomédica.
- Formación ou experiencia en bioinformática.
- Nivel de inglés acreditado B2 ou C1.
- Ter obtido bolsas de colaboración do Ministerio nun departamento universitario.
Número de vacantes1
Tipo de contratoC. laboral
XornadaCompleta
Lugar de traballoOurense
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado, expediente académico e carta de presentación
Entrega de documentaciónSe tes interese en realizar con nós a túa Tese de Doutoramento, envianos a documentación requirida ao email joaquin.cubiella.fernandez@sergas.es indicando no asunto a referencia: "PREDOC_2022_GIODO".
Atrás