Secretaría Uvigo

Enfermeiros/as Colexiados/as - Ampliadas as vacantes

OE-AEE-19-0211

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación04/11/2019
Data de fin da publicación26/12/2019
Entidade XestoraDOMUSVI
Posto de traballoEnfermeiros/as Colexiados/as - Ampliadas as vacantes
FunciónsValoración integral do residente/a e establecemento do plan de coidados, supervisión e seguimento do cumprimento do plan de coidados (elaborar as listaxes de plans do GCR), administración e rexistro de prescricións farmacolóxicas, modificación dos cambios de tratamento, cumprimentar a documentación clínico asistencial (valoracións, escalas e validación de plans), rexistrar as incidencias do día e comentar os cambios co persoal do equipo, aplicación de coidados de prevención e promoción da saúde, facer seguimento do proceso de adaptación dos novos residentes/as do centro, coordinación coa Xefatura de SSHH en materia de dietas e menús, rexistrar as incidencias do día e comunicar urxencias ao médico/a, pasar visita conxuntamente co médico/a (previo requirimento), revisar conxuntamente co médico as dietas das persoas residentes (previo requirimento), informar ao equipo rehabilitador de calquera cambio ou alteración observada nos residentes/as, informar sobre o estado dos residentes/as para a realización das actividades de ocio dentro e fora do centro, realización de pedidos de farmacia.

Domusvi selecciona para distintos Centros Residenciais:
Para Vimianzo: contrato temporal de 1-2 meses. Ref.: Oferta DUE Vimianzo
Para Cangas: contratación estable. Ref.: Oferta DUE Cangas
Para Santiago de Compostela: contrato inicial de 3 meses+indefinido. Ref.: Oferta DUE San Lazaro
Para Ribadumia: contrato inicial de 3 meses+indefinido. Ref.: Oferta DUE Ribadumia
Para Matogrande (A Coruña): contrato temporal de 3 meses+ 6 meses+ indefinido. Ref.: Oferta DUE Matogrande
Para Bóveda: contrato indefinido. Ref.: Oferta DUE Bóveda
Para Ferrol: duración estable. Ref.: Oferta DUE Ferrol
Para Monforte: Contrato indefinido. Horario a convir co centro. Axuda na xestión de vivenda. Ref.: Oferta DUE Monforte.
Para Oleiros (A Coruña): contrato temporal de 15 días para cubrir vacacións. Ref.: Oferta DUE Oleiros.
Para Centro Concepción Arenal (A Coruña): Contrato indefinido. Ref.: Oferta DUE Concepción Arenal.
Para Noia: Contrato temporal de 9 meses + indefinido. Ref.: Oferta DUE Noia
Nivel de estudos requeridoTitulados/as
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao / Dip. en Enfermería
CoñecementosIMPRESCINDIBLE: colexiado/a
Número de vacantes11
Tipo de contratoC. laboral
XornadaCompleta
HorarioDe luns a domingos en quendas de mañás (08:00-15:00), tardes (15:00-22:00) e noites (22:00-08:00)
Lugar de traballoDistintos ámbitos de Galicia
Data de incorporaciónIncorporación inmediata
Documentación a presentarCurriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a ldbeecher@domusvi.es indicando a referencia máis arriba indicada para cada localidade
Atrás