Secretaría Uvigo

Enfermeiros/as para estruturas sanitarias holandesas - Ampliado o prazo por 3ª vez

OE-AEE-19-0132

TipoOfertas de emprego
Data de inicio da publicación11/10/2019
Data de fin da publicación22/11/2019
EntidadeEuronize selecciona para estruturas sanitarias holandesas
Posto de traballoEnfermeiros/as para estruturas sanitarias holandesas - Ampliado o prazo por 3ª vez
FunciónsEnfermeiros/as para cubrir postos en áreas de pediatría, xeriatría, asistencia domiciliaria e saúde mental

OFRÉCESE:
- 10 vacantes por contrato laboral de duración mínima 12 meses coa posibilidade de volverse indefinido.
- 36 horas semanais en distintas quendas. As quendas de noite, fin de semana e festivos incrementan considerablemente o salario base.
- Salario entre 2.000 € - 3.000 € brutos/mes (o salario aumenta a medida que se adquire experiencia e coñecemento da lingua holandesa)
- Soporte por parte da empresa durante todo o proceso: tradución e homologación do título de enfermaría, aloxamento, conta bancaria holandesa, obtención do carné de identidade holandés (BSN number), curso de lingua ata a obtención do B1 e outras axudas loxísticas.

Plan de aprendizaxe do idioma holandés: ofrecese un curso intensivo de holandés online de 6-8 semanas ata obter un nivel A2. Superado o curso viaxase a Holanda onde se empeza a traballar de maneira retribuída como asistente de enfermaría (cun salario bruto de 2.000 €/mes). Durante este tempo, que dura entre 3-9 meses segundo o grado de aprendizaxe, seguense coas clases de holandés ata a obtención do B1. Unha vez adquirido o nivel de lingua B1, poderase obter o "BIG registration" que permite traballar como enfermeiro/a en Holanda.
Nivel de estudos requeridoTitulados/as ou estudantes a punto de rematar a carreira
Estudos da UVigo requeridos
  • Grao / Dip. en Enfermería
Competencias Imprescindible
  • Inglés nivel A2
Número de vacantes10
Tipo de contratoC. temporal
Duración12
XornadaCompleta
HorarioQuendas de 36 horas semanais
Lugar de traballoHolanda
Documentación a presentar- Carta de presentación
- Currriculum Vitae actualizado
Entrega de documentaciónEnviar por correo electrónico a mireia@euronize.nl indicando no asunto a denominación do posto ofertado.

Para calquera dúbida contactar neste mesmo correo electrónico.
Atrás