Secretaría Uvigo

Premios aos expedientes académicos con mellores cualificacións para o estudantado dos mestrados, 2021/2022

TipoPremios
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Premios Mestrados
Fecha inicio solicitudes13/07/2022
Fecha fin solicitudes30/09/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9662
Descripción

Estes premios teñen por obxecto recoñecer e incentivar ao estudantado con aproveitamento académico excelente nos mestrados que se detallan de seguido,

Convócanse:  

- 3 premios no mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións

- 4 premios no mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde

- 2 premios no mestrado interuniversitario en Lingüística Aplicada

A contía máxima de cada premio será:

  • 250 € no mestrado en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións.
  • 250 € no mestrado en Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde.
  • 250 € no mestrado interuniversitario en Lingüística Aplicada.
Requisitos

Pode participar nesta convocatoria o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

Estar matriculado no curso 2021/2022 nalgún dos seguintes mestrados:

  • Interuniversitario de Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións
  • Dirección e Planificación do Turismo Interior e da Saúde
  • Interuniversitario en Lingüística Aplicada

Presentar e superar o Traballo fin de mestrado no curso 2021/2022

Documentación

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9662, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en asunto “Premios aos mellores expedientes académicos nos mestrados: Estudos Ingleses Avanzados, Dirección e Planificación Turismo Interior, e Lingüística Aplicada”, achegando unicamente o formulario coa solicitude.

Xunto coa solicitude deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica), no caso do mestrado de dirección e planificación do turismo interior e da saúde:

  • Currículo
  • Cursos acreditativos de coñecementos relacionados co plan docente do mestrado
Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=27675644

13/10/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Descripción

Alegacións a partir do dia seguinte á publicación desta resolución e ata o día 27 de outubro ás 23:59 (hora peninsular española) para, de ser o caso, enmendar os defectos que motivaron a súa exclusión ou completar a solicitude.

 

 

Documentos de la fase:

02/11/2022: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

10/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 25 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleriro

Documentos de la fase:

28/11/2022: Listaxe definitiva de persoas con premio concedido e listaxe de agarda

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás