Secretaría Uvigo

Bolsas de mobilidade para o alumnado de Doutoramento, 2021/2022

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Mobilidade Doutoramento
Data inicio solicitudes06/07/2022
Data fin solicitudes22/09/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9650
Descripción

 OBXECTO

Estas bolsas teñen por obxecto contribuír a paliar os gastos ocasionados ao estudantado da Universidade de Vigo matriculado nos programas de doutoramento, con motivo da realización de estadías que permiten o recoñecemento de mención internacional, e demais actividades incluídas na súa programación académica que impliquen desprazamento.

Requisitos
  1. Estar matriculado na Universidade de Vigo no período de tutela de tese no curso académico 2021/22 nalgún dos programas de doutoramento da Universidade de Vigo ou matriculado no 2020/21 que non puido obter a bolsa no curso 2020/2021 por mor da data de finalización da súa estadía.
  2. Realizar durante o curso 2021/2022 a actividade (de acordo coa súa programación académica) que implique o desprazamento a outras universidades participantes no programa de doutoramento, a outros centros de investigación, ou a asistencia a congresos e cursos. No caso de estadías de investigación deberá ter unha duración mínima de 28 días.
  3. O desprazamento terá que estar finalizado antes do 01/11/2022, e non poderá conter períodos de baixa temporal no programa de doutoramento.
  4. Contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento (CAPD).
  5. Ter aprobado pola CAPD o Plan de Investigación.
  6. Para estudantado que ingresara no curso 2019/20 ou anterior, ter aprobadas pola CAPD as avaliacións anuais que pola súa situación lle sexan esixibles:
    • Con carácter xeral ter aprobada a avaliación anual do curso 2020/21.
    • Para estudantado que tivera períodos de baixa no programa de doutoramento, aplicarase unha condición equivalente considerando os seus períodos de alta no programa.
Documentacion

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9650, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas EIDO mobilidade doutoramento”,  achegando unicamente o arquivo coa solicitude.

Así mesmo deberán subir a seguinte documentación ao formulario en liña (non hai que subir a documentación á sede electrónica):

  • Descrición da estadía para a que solicita a bolsa (Anexo II): desprazamento a realizar, lugar de destino, institución ou congreso/curso, duración do desprazamento, proposta da actividade a realizar no destino, e orzamento.

Esta proposta deberá contar co informe favorable das persoas directoras da tese e da comisión académica do programa de doutoramento

  • No seu caso, copia doutras solicitudes de bolsa para a mesma estadía ou asistencia que se tivesen presentado tanto en institucións, entidades ou fundacións públicas e privadas.
Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a axuda á finalidade para a que foi concedida.
  • Enviar á Sección de Bolsas no prazo de un mes desde a finalización da actividade subvencionada a documentación que acredite a asistencia ao curso/congreso ou estadía na que figuren as datas de inicio e fin.
  • No caso de obter unha subvención para a mesma finalidade con posterioridade á solicitude da bolsa, as persoas beneficiarias deberán comunicalo por escrito á Sección de Axudas e Bolsas.
Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web:: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-movilidad
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=411F43AB0DBB65822594452076A302F6?idtaskdata=27590696

17/10/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Plazo de alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 31 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) para, de ser o caso, emendar os erros, as causas de exclusión e a falta de documentación.

Enlace ao taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

18/11/2022: Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 2 de decembro ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

05/12/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás