Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en Centros de Investigación, 2022/2023

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Centros Investigación
Fecha inicio solicitudes30/06/2022
Fecha fin solicitudes26/07/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9665
Descripción

OBXECTO

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades cunha forte compoñente de aprendizaxe e adquisición de novas capacidades e destrezas directamente vinculadas á titulación na que se matricula.

Convócanse 6 bolsas distribuídas do seguinte xeito:

  • Campus de Ourense:
    • 2 bolsas no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
  • Campus de Vigo:
    • 3 bolsas no Centro de Investigación Mariña (CIM) (Estación de Ciencias Mariñas de Toralla-ECIMAT)
    • 1 bolsa no Centro de Investigacións Biomédicas (CINBIO)
Requisitos
  • Posuír nacionalidade española, dalgún outro país da Unión Europea, ou de países non comunitarios acreditando a condición de residente en España a 31 de decembro de 2021 (non é suficiente o permiso de estadía por estudos).
  • Estar matriculado no curso 2022/2023 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións que figuran no anexo II. Para estes efectos terase en conta o estado da matrícula o día 21 de setembro de 2022.
  • No caso do estudantado de grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao. Para estes efectos terase en conta que o último día establecido pola universidade para presentar as actas de xullo segundo o calendario académico é o 25 de xullo.
  • Non gozar con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase de data a data.
Documentación

SOLICITUDES:

As persoas solicitantes deberán empregar o formulario en liña no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9665, descargalo e presentalo na Sede Electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo no asunto “Bolsas formación Centros de Investigación, achegando unicamente o formulario coa solicitude. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa.

Así mesmo deberán subir o xustificante de presentación na Sede Electrónica á plataforma do Santander

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e remata o 26 de xullo de 2022 ás 23:59 horas (hora peninsular española).

As persoas solicitantes establecerán unha orde de prioridade que será vinculante.

Xunto coa solicitude deberán subir, de ser o caso, a seguinte documentación ó formulario en liña (non hai que subir a documentación á Sede Electrónica):

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizasen nunha universidade distinta á de Vigo.
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados
Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Web:: https://www.uvigo.gal/es/estudiar/gestiones-estudiantes/becas/becas-formacion-0
Taboleiro:: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=CF0761473A9F95C7D1A55098070EF917?idtaskdata=27455235

01/09/2022: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas.

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 8 de setembro ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

22/09/2022: Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas.

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

14/10/2022 Listaxe provisoria de persoas con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte á publicación e ata o día 21 de outubro ás 23:53 horas (hora peninsular española)

Enlace ao taboleiro

Documentos de la fase:

25/10/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida, denegada e listaxe de agarda

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás