1ª convocatoria de bolsas de formación en Sistemas Informáticos 2018/19

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-0101
Data de inicio de solicitudes03/08/2018
Data de fin de solicitudes14/09/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3613
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster da Rama de Enxeñaría e Arquitectura.
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao dos que se matricula, ou o 100% dos que lle dan acceso ao Máster do que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses completos de tal xeito que se a bolsa comeza antes do día 15 ou finaliza despois, incluído este, computarase como un mes enteiro para o cálculo do límite
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo

Observaciones

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de setembro

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion

24/09/2018 Listaxe provisoria de admitidos e excluídos

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 1 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

16/10/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 23 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

18/10/2018 Corrección de erros da listaxe provisoria de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Descrición

Advertido un erro informático no cálculo das notas medias na listaxe provisoria de bolsas concedidas de data 16 de outubro de 2018, unha vez feitas as correccións correspondentes, publícase unha nova listaxe e amplíase o prazo de alegacións ata o 25 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

30/10/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas, denegadas e listaxe de agarda

Observacións

Convócase ao alumnado con bolsa concedida no Campus de Vigo ao acto de escolla que terá lugar mañá día 31 as 13:30 horas no Servizo de Bolsas (Edificio Xerencia-Servicios Centrais)

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás