Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o estudantado dos Mestrados Universitarios, 2021/2022

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021_2022 Mobilidade Mestrados
Data inicio solicitudes03/05/2022
Data fin solicitudes30/05/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/9623
Descripción

OBXECTO:

Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nunha localidade diferente á da sede do seguintes mestrados:

  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Lingüística aplicada
  • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  • Investigación química e química industrial
  • Xenómica e Xenética
Requisitos

Pode solicitar bolsa o estudantado que cumpra os seguintes requisitos:

  1. Estar matriculado no curso 2021/2022, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, a tempo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que queden para finalizar os estudos.
  2. Non estar en posesión dun título de mestrado oficial.
  3. Realizar ó longo do curso 2021/2022 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado. No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro.
Observacións

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida.
  • Presentar documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada e a que sexa precisa para acreditar os desprazamentos correspondentes no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade.

Enlace á publicación no taboleiro

Prazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Correo electrónico: bolsasformación@uvigo.es
Teléfono: 986814094
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade

06/06/2022 Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 20 de xuño ás 23:59 h (hora peninsular española)

Documentos da fase da convocatoria:

28/06/2022: Listaxe Definitiva solicitudes admitidas e excluidas

Observacións

Enlace a publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

06/07/2022: Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida

Observacións

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 21 de xullo ás 23:59 h (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:

28/07/2022: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observacións

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás