Secretaría Uvigo

Convocatoria interna de selección de perfís_Ramón y Cajal 2021

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRYC_2021_UVIGO
Data inicio solicitudes30/12/2021
Data fin solicitudes18/01/2022
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.aei.gob.es/convocatorias/buscador-convocatorias/ayudas-contratos-ramon-cajal-ryc-2021
Descripción

O Ministerio de Ciencia e Innovación vén de publicar (BOE 29/12/2021) a Orden CIN/1478/2021, de 27 de decembro, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión das axudas Ramón y Cajal e das axudas Juan de la Cierva-Formación, do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación para o período 2021-2023, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada correspondente ao ano 2021.

Dado que a convocatoria fixa unha solicitude única por cada centro de I+D, a Universidade de Vigo establece un procedemento interno de recepción e selección de declaracións de interese para a solicitude de perfís de prazas.

O obxectivo destas axudas é promover a incorporación de persoal investigador doutor, español e estranxeiro, cunha traxectoria destacada, en centros de I+D españois, co fin de que adquiran competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación.

As axudas concederanse aos centros de I+D para a contratación de persoal investigador doutor durante cinco anos que estará dividida en dúas fases:

A primeira fase, dunha duración mínima de tres anos, terá como obxectivo afianzar as capacidades adquiridas durante a primeira etapa previa de formación posdoutoral. Neste período a retribución mínima será de 33.300 euros anuais.

A segunda fase terá unha duración máxima de dous anos e para acceder a ela será necesario obter unha avaliación positiva como persoal investigador R3. Durante este período a duración mínima será de 39.900 euros anuais.

As axudas contemplan unha financiación adicional para a execución da actividade investigadora de 42.000 euros para executar durante as tres primeiras anualidades da axuda.

 

Requisitos

Poderán presentar declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado mediante a convocatoria «Ramón y Cajal 2021» os grupos de investigación, centros de investigación e agrupacións estratéxicas de calquera ámbito de coñecemento.

Un mesmo centro/agrupación estratéxica/grupo de investigación pode ofertar máis dun perfíl, aínda que no proceso de selección a Comisión de Investigación da Universidade de Vigo, á vista do conxunto de solicitudes presentadas e dos méritos dos grupos, poderá limitar o número de perfís autorizados por grupo.

Documentacion

- Formulario de declaración de interese correspondente.

- Compromiso de acollida por parte do departamento.

Observacións

Antes do 18 de xaneiro de 2022 ás 14.00 horas debe presentarse a documentación requirida debidamente asinada conforme ao indicado nas instrucións que acompañan esta convocatoria.

No mesmo prazo, debe remitirse ao enderezo electrónico seccion.rrhh.investigacion@uvigo.gal a documentación en versión word, non é necesario que veña asinada. ASUNTO Ramón y Cajal 2021.

Documentos da convocatoria
Atrás