Secretaría Uvigo

Proxectos estratéxicos orientados á transición ecolóxica e á transición dixital

TipoProxectos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
Código2021ESMECO06122021GCON
Fecha inicio solicitudes16/12/2021
Fecha fin solicitudes19/01/2022
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://sede.micinn.gob.es/proyectosted/
Descripción

Estas axudas teñen como finalidade fomentar as actividades de I+D+i co fin de incrementar a competitividade e liderado internacional da ciencia e a tecnoloxía españolas a través da xeración de coñecemento científico, mediante unha investigación de calidade orientada á transición ecolóxica e á transición dixital.

A transición ecolóxica apóiase nestes obxectivos medioambientais: a mitigación do cambio climático, a adaptación ó cambio climático, o uso sostible e a protección dos recursos hídricos e marinos, a economía circular, a prevención e control da contaminación e a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

Os proxectos de transición ecolóxica que se financien dirixiranse a aspectos como a decarbonización, a eficiencia enerxética, o despregamento das enerxías renovables, a electrificación da economía, o desenvolvemento da almacenaxe de enerxía, as solucións baseadas na natureza, a restauración ecolóxica, a economía circular e a mellora da resiliencia de todos os sectores económicos, entre outros, coa finalidade de contribuír ós obxectivos medioambientais da transición ecolóxica recollidos no Regulamento (UE) 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello de 18 de xuño de 2020.

A transición dixital pretende potenciar as infraestruturas, competencias e tecnoloxías necesarias para unha economía e unha sociedade dixital, a través da dixitalización de toda a cadea de valor en sectores tractores, aproveitando plenamente as sinerxias e oportunidades dos novos desenvolvementos tecnolóxicos e de xestión de datos.

Os proxectos de transición dixital que se financien orientaranse á xeración de coñecemento científico, o desenvolvemento de tecnoloxías ou o soporte ás políticas en aspectos como a axenda urbana, a educación, a agricultura, o turismo, a industria, a mobilidade, a modernización da Administración pública, a ciberseguridade ou a nova economía dos cuidados, entre outros. Para iso será preciso usar tecnoloxías dixitais disruptivas, e poñer no centro do proceso ás persoas e os seus dereitos dixitais. A transición dixital suporá un importante apoio á transición ecolóxica e deberá ser inclusiva e sostible, vertebradora da cohesión territorial e social.

 

TIPOS DE PROXECTOS:

Os proxectos poderán realizarse de forma individual, con 1 ou 2 IP e un equipo de investigación e equipo de traballo, ou de forma coordinada, con varios subproxectos, cada un deles con 1 ou 2 IP e un equipo de investigación e un equipo de traballo. 

Poderán ser: 

a) Proxectos tipo A: son proxectos dirixidos por 1 ou 2 IP, con contribucións científico-técnicas relevantes e innovadoras.

b) Proxectos tipo B: son proxectos dirixidos por 1 ou 2 IP cunha traxectoria investigadora consolidada.

A duración de todos os proxectos será de 2 anos.

Requisitos

A documentación deberá enviarse no seguinte prazo a proxectos.investigacion@uvigo.es (IPs do campus de Vigo e Pontevedra) ou vic.investigacion.ou@uvigo.gal (IPs do campus de Ourense):

-individuais: ata o 13 de xaneiro de 2022

-coordinados: ata o 14 de xaneiro de 2022

IMPORTANTE:

-no presuposto deberase incluír o gasto do informe de auditoría/audit report polo importe de 1200 euros 

-consultar no documento DATOS (máis abaixo) os datos da representante legal e xestión da subvención que se deben poñer na solicitude

-plan de igualdade: en castelán, en inglés

Documentación

1.Solicitude asinada por todos os participantes: acceso á aplicación de solicitudes e o manual de presentación.

2.Proposta científico-técnica resumida: proxectos individuais ou coordinados. Consultar instrucións.

3.Memoria científico-técnica do proxecto: proxectos individuais ou coordinados. Consultar instrucións.

4.CV abreviado da/o IP ou IPs (castelán, english): instrucións para enchelo

5. No caso de membros do equipo de investigación que non pertenzan á Uvigo: carta asinada polo representante legal da súa entidade expresando a autorización a participar no proxecto e o compromiso de manter a súa vinculación dende o remate do prazo de presentación de solicitudes ata a data de remate do proxecto.

6.Documentación específica no caso de utilizar buques ou participar en campañas nas zonas do Tratado Antártico

Observaciones

AVALIACIÓN EN DÚAS FASES

A avaliación das solicitudes realizarase en dúas fases por comisións técnicas, constituídas en función das áreas e subáreas temáticas.

  • Na primeira fase, será obxecto de avaliación a proposta resumida científico-técnica. Esta avaliación será excluínte, polo que se non se acada o mínimo establecido, a solicitude será denegada, previo trámite de alegacións, o que impedirá o seu paso á segunda fase de avaliación.
  • Na segunda fase, será obxecto de avaliación a memoria científico-técnica do proxecto e o CVA das/dos IP, segundo os criterios de avaliación establecidos.

PRINCIPIO DNSH

Os proxectos que se financien deben respectar o principio de non causar un dano significativo ao medioambiente (principio DNSH, en inglés Do No Significant Harm), así como respectar o disposto para as actividades que non deben seleccionarse nin financiarse e a lexislación medioambiental nacional e comunitaria de aplicación.

 

Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Páxina da convocatoria: http://www.aei.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.791459a43fdf738d70fd325001432ea0/?vgnextoid=7f290fea18ccc710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextchannel=1fb59eb66323c710VgnVCM1000001d04140aRCRD&vgnextfmt=formato2&id3=59290fea18ccc710VgnVCM1000001d04140a____
Convocatoria (BOE 06/12/2021): http://www.aei.gob.es/stfls/MICINN/Ayudas/PE_2021_2023/PE_Impulsar_Investigacion/Subprograma_Generacion_Conocimiento/FICHEROS/Orden_BOE-A-2021-20178.pdf
Presentación da convocatoria (webinario): https://video.ciencia.gob.es/videos/micinn/webinario_Proyectos_Estrategicos.mp4
Manual para a presentación de solicitudes: http://www.aei.gob.es/stfls/MICINN/Ayudas/PE_2021_2023/PE_Impulsar_Investigacion/Subprograma_Generacion_Conocimiento/FICHEROS/Manual_para_presentar_una_solicitud_TED2021.pdf
Atrás