Secretaría Uvigo

Axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria - 2º cuadrimestre

TipoObradoiros
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021/2022 - 2 - OBR
Data inicio solicitudes30/11/2021
Data fin solicitudes13/12/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8913
Descripción

Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria no 2º cuadrimestre do curso 2021/2022.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

A persoa solicitante, en calidade de coordinador ou coordinadora do obradoiro proposto, deberá acreditar relación coa temática do obradoiro que solicita e impartir un mínimo do 20% das horas de docencia do obradoiro.

Unha mesma persoa só poderá presentar, en calidade de coordinador/a, un máximo de 3 solicitudes.

Documentacion

Solicitude:

A persoa encargada da coordinación do obradoiro proposto deberá encher o modelo oficial de solicitude/formulario que se atopa na  secretaría virtual da Universidade de Vigo:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/8913 e asinalo dixitalmente.

A presentación do citado formulario será a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) entrando no procedemento “Axudas para organizar obradoiros 2º cuadrimestre” (achegando unicamente a solicitude e non os anexos) e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a  celebrar o obradoiro. No caso de que non se celebre en ningún dos campus, dirixirase á Vicerreitoría onde a persoa solicitante (coordinación do obradoiro) teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia maioritariamente:

  • Campus de Vigo: á Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, campus universitario, 36310 Vigo.
  • Campus de Ourense: á Vicerreitoría do campus de Ourense, edificio das Facultades, Campus As Lagoas, 32004 Ourense.
  • Campus de Pontevedra: á Vicerreitoría do campus de Pontevedra, Casa das Campás, rúa don Filiberto, 9-11, 36002 Pontevedra.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 13 de decembro de 2021, ás 23:59 horas (hora peninsular española). A presentación fóra de prazo supón a non admisión a trámite da solicitude.

Documentación:

Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do obradoiro):

-Anexo II: Datos do obradoiro.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento do obradoiro, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, no suposto que a Universidade de Vigo perciba ingresos por entidade(s) e/ou institucion(s) deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado.

Documentos da convocatoria

Listaxe provisional de solicitudes concedidas e denegadas - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas a trámite - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisional de solicitudes admitidas a trámite - Campus de Vigo

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitiva de solicitudes concedidas e denegadas - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisional de axudas concedidas e denegadas - campus Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas a trámite - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:

Listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas a trámite - Campus de Ourense

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás