Secretaría Uvigo

Axudas para contratos predoutorais da Universidade de Vigo

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPREUVIGO-21
Fecha inicio solicitudes01/09/2021
Fecha fin solicitudes15/10/2021
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Descripción

Ten por obxecto financiar a formación de persoas tituladas integradas en grupos de investigación que estean a realizar a tese de doutoramento na Universidade de Vigo e que, en función da súa capacitación e formación, poidan converterse en novo persoal investigador en formación mediante a formalización dun contrato predoutoral en calquera área de coñecemento científico conforme ao artigo 21 da Lei 14/2011, de 1 de xuño da ciencia, a tecnoloxía e a innovación.

Convócanse 10 contratos predoutorais de nova adxudicación dunha duración de 3 anos sen posibilidade de prórroga.

Resérvase 1 contrato para solicitantes que posúan unha discapacidade igual ou superior ao 33% sempre que se acredite a compatibilidade co traballo a desenvolver conforme ao obxecto desta convocatoria. De non ser finalmente concedido, acumularase aos contratos da quenda xeral.

Requisitos

As persoas solicitantes das axudas previstas deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Non gozar nin ter gozado destas axudas ou doutras homólogas a estas en anteriores convocatorias ou dunha axuda á etapa predoutoral de calquera modalidade (Formación de Profesorado Universitario (FPU), Formación de doutoras e doutores (FPI), Xunta de Galicia ou equivalentes.

b) Estar matriculadas nun programa de doutoramento na Universidade de Vigo a tempo completo no momento en que finaliza o prazo de presentación de solicitudes, requisito que será comprobado de oficio pola unidade tramitadora das axudas.

c)Ter completados 300 ECTS, dos cales alomenos 60 deben ser de formación de estudos oficiais de posgrao e consonte a normativa de matrícula da Universidade de Vigo para o curso 2021-2022 sempre que a data de finalización deles sexa conforme ao sinalado no artigo sexto.

d) Estar adscritas ou comprometer a súa adscrición a un grupo de investigación da Universidade de Vigo formalmente rexistrado na Universidade de Vigo (SUXI). No caso de concesión da axuda, pedirase a acreditación da alta efectiva no grupo, con anterioridade á sinatura do contrato.

e) Non posuír un título de doutora ou doutor.

f) Ter unha nota media do expediente da titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura ou mestra/e ponderada pola nota media da súa titulación igual ou superior a 1.

Requisitos relativos á data de finalización dos estudos.

1. A data de finalización dos estudos debe ser posterior a 1 de xaneiro de 2019 nos seguintes casos:

- Estudos conducentes ao título universitario oficial de licenciatura, enxeñaría, arquitectura,  grao  de 300 créditos ou equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.

- Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao (alomenos 60)  para os graos de ata 240 créditos ou equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.

-Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao necesarios para poder acceder ao doutoramento no caso de diplomaturas, enxeñarías e arquitecturas técnicas ou titulacións equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.

- Superación dos créditos de formación dos estudos oficiais de posgrao necesarios para poder acceder ao doutoramento no caso de graos de 180 créditos ou titulacións equivalentes en sistemas universitarios estranxeiros non adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior.

2. Nos seguintes casos excepcionais deberá ser posterior a 1 de xaneiro de 2016:

- Quen acredite fidedignamente que se dedicaron á atención e coidado de menores de 3 anos entre o 1 de xaneiro de 2014 e o 31 de decembro de 2016.

- Quen acredite fidedignamente que interromperon os seus estudos por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicaron ao coidado de persoas maiores da familia en primeiro grao de parentesco.

- Quen posúa unha discapacidade igual ou superior ao 33% debidamente acreditada mediante certificado de data recente expedido por autoridade competente.

No caso de que unha persoa posúa máis dun título, para os efectos das datas, considerarase a primeira titulación obtida segundo os criterios indicados neste artigo.

Documentación

A documentación que deberá acompañar á solicitude é a detallada nas bases novena e décima da convocatoria.

O prazo de presentación das solicitudes comezará o 1 de setembro e permanecerá aberto ata o 8 de outubro de 2021.
As solicitudes das persoas interesadas, acompañadas pola documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberán tramitarse a través do módulo de convocatorias do Sistema Unificado de Xestión de Investigacion (SUXI) no que se debe estar rexistrada. O acceso ao SUXI realízase a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo no seguinte enderezo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/

 Unha vez rematado o procedemento, o formulario de solicitude resultante, única e exclusivamente, debe ser presentado a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER,  sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Plazo para resolver6 meses
Enlaces de la convocatoria
Acceso ao SUXI a través da secretaría virtual da Universidade de Vigo: https://secretaria.uvigo.gal/uvigo.sv/
Equivalencia notas medias de estudos universitarios realizados en centros estranxeiros: https://www.educacionyfp.gob.es/eu/servicios-al-ciudadano/catalogo/gestion-titulos/estudios-universitarios/titulos-extranjeros/equivalencia-notas-medias.html
Información sobre notas medias ISCED xeral e notas medias ISCED universidade: https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:e7a36aa0-40d9-462b-993a-dbb5ced8ae9f/nm-isced-general-y-universidad-fpu-2020.pdf
Información sobre notas medias ISCED estudos estranxeiros: https://www.educacionyfp.gob.es/dam/jcr:e52a0683-cd43-47fb-9ff8-ab80d66c89d4/nm-isced-general-y-estudios-extranjeros-fpu-2020.pdf
Niveis de competencia linguas estranxeiras CRUE: http://acreditacion.crue.org/SitePages/Mesas-linguisticas.aspx
Certificados admitidos idiomas estranxeiros ACLES: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_de_Certificados_septiembre_2020/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES2_11_20.pdf
Taboleiro de anuncios: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=24058471
Base de datos nacional de subvencións: https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/586011

Fase de concesión

Documentos de la fase:

Fase de admisión

Documentos de la fase:

Fase presentación de solicitudes

Documentos de la fase:

Documentos de apoio

Documentos de la fase:
Atrás