Secretaría Uvigo

Convocatoria de prazas na Escola Infantil Concepción Saiz Otero do Campus de Ourense para o curso 2021/22

TipoEscola infantil
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Códigoescola.infantil.ourense 2021
Data inicio solicitudes30/06/2021
Data fin solicitudes12/07/2021
Descripción

Convócanse 41 prazas de renovación e nova adxudicación na Escola Infantil do Campus de Ourense.

Requisitos
  1. Serán requisitos imprescindibles para ser beneficiario/a de praza na escola infantil do campus de Ourense:
  • Que o neno ou nena estea nado/a no momento da presentación da solicitude, ou que teña unha idade mínima de tres meses no inicio do curso escolar 2021/22.
  • Que o neno ou nena non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2021.

 

  1. Renovación de praza.

 

Poderán renovar a praza os que tiveran a condición de beneficiarios/as da escola infantil durante o curso académico 2020/21, a partires do indicado nesta base segunda e sempre que cumpran cos requisitos da base primeira.

 

Na renovación garantirase a praza a aqueles beneficiarios e beneficiarias da escola infantil que non soliciten ningún cambio na súa xornada escolar respecto ao curso 2020/21.

 

No caso das persoas beneficiarias que soliciten un cambio da súa xornada escolar respecto ao curso 2020/21, as súas solicitudes someteránse a baremo novamente.

 

  1. Solicitude de praza por primeira vez.

 

  1. Poderán optar á adxudicación dunha nova praza os pais ou as nais con fillos/as ata os 3 anos que sexan traballadores/as da Universidade (PAS ou PDI, incluído o persoal contratado con cargo a proxectos ou convenios) en servizo activo, en excedencia para coidado de fillos e fillas ou de familiares ou en servizos especiais ou situacións equivalentes no caso de prestación de servizos en réxime laboral e alumnado de titulacións oficiais .

Ao persoal da Fundación Universidade de Vigo e ao estudantado do Programa para Maiores da Universidade de Vigo consideraráselles equiparados á comunidade universitaria aos efectos desta convocatoria.

Ademáis, teranse en consideración as solicitudes das persoas que se vaian incorporar á plantilla de persoas traballadoras da Universidade de Vigo ao inicio do curso 2021/22, que acheguen a oportuna xustificación da Universidade ao respecto.

En calquera dos casos recollidos nesta letra a), os prezos a satisfacer serán os que se recollen no Anexo 1 para “Membros da comunidade universitaria”.

                         

  1. No caso de quedar vacantes poderán optar a praza os pais ou nais de nenos ou nenas de ata 3 anos que sexan netos/as e sobriños/as dos traballadores e traballadoras en activo ou de xubilados/das da Universidade de Vigo.

Se aínda quedasen prazas vacantes, poderán optar ao servizo as persoas residentes ou as persoas que traballen na cidade de Ourense con menores ao seu cargo ata os 3 anos.

Documentacion

As solicitudes, tanto de renovación como de adxudicación de nova praza, poderán presentarse ata as 23:59 horas (hora peninsular española) do día 12 de xullo de 2021 na sede da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal), achegando os formularios e documentación que procedan segundo o que se indica de seguido. A presentación de solicitudes será exclusivamente a través da sede, no procedemento “Convocatoria de prazas na escola infantil do Campus de Ourense”. Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emende a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

 

 

  1. Renovación de praza.

 

As persoas interesadas que xa obtiveran praza no curso 2020/21, e que non soliciten cambio de quenda, deberán remitir a solicitude de renovación de praza, dirixida á Vicerreitora do Campus de Ourense, segundo o modelo que se acompaña como Anexo 2 desta convocatoria xunto coa seguinte documentación:

 

 

  • No caso de persoas que se vaian a incorporar á plantilla de persoal traballador da Universidade, deberán presentar xustificación da Universidad neste senso.

 

  • No caso do persoal da Fundación Universidade de Vigo, deberán presentar certificación expedida pola mesma na que acredite a existencia de relación laboral e, de ser o caso, situación (ou equivalente) na que se atope.

 

  • No caso do estudantado, deberá presentar un compromiso de matrícula para o curso 2021/22, segundo o modelo do anexo 4. Antes do 1 de setembro, procederase a comprobar, por parte da Universidade, que as matrículas se fixeron efectivas, decaendo do seu dereito á praza as persoas solicitantes que non cumpran este requisito.

 

  • As persoas de fóra da comunidade universitaria deberán presentar certificado oficial actualizado de residencia na cidade de Ourense ou certificado actualizado da empresa no que figure que o pai ou a nai traballan na cidade de Ourense.

 

No caso de cambio de quenda, os/as interesados/as deberán presentar xunto ca súa solicitude a mesma documentación requerida ás persoas que solicitan praza por primeira vez.

 

  1. Petición de praza por primeira vez.

 

As persoas interesadas en prazas de nova adxudicación, que reúnan os requisitos esixidos, deberán dirixir a solicitude á vicerreitora do campus de Ourense, segundo o modelo que se acompaña como Anexo 3 desta convocatoria xunto coa seguinte documentación:

 

 

  • As persoas que se vaian a incorporar á plantilla de persoal traballador da Universidade deberán presentar xustificación da Universidade da devandita situación.

 

  • O persoal da Fundación Universidade de Vigo deberá presentar certificación expedida pola mesma na que acredite a existencia de relación laboral e, de ser o caso, situación (ou equivalente) na que se atope.

 

  • O estudantado deberá presentar un compromiso de matrícula para o curso 2021/22, segundo o modelo do anexo 4. Antes do 1 de setembro, procederase a comprobar, por parte da universidade, que as matrículas se fixeron efectivas, decaendo do seu dereito á praza as persoas solicitantes que non cumpran este requisito.

 

 

  • Os familiares con vinculación indirecta coa comunidade universitaria deberán presentar xustificación da relación familiar.

 

  • As persoas de fóra da comunidade universitaria deberán presentar certificado oficial actualizado de residencia na cidade de Ourense ou certificado actualizado da empresa no que figure que o pai ou a nai traballan na cidade de Ourense.

 

  • A Universidade de Vigo procederá á consulta interadministrativa dos datos correspondentes á identidade (DNI, NIE ou pasaporte) do pai, da nai ou do responsable legal do neno ou nena. Se por motivos relacionados coa concreta situación persoal, algún dos afectados se opuxese á consulta, deberá indicalo expresamente no Anexo 3 e achegar copia do documento de identificación a cuxa consulta se opón.

Excepcionalmente, no caso de que algún dos documentos de identidade non puideran ser consultados por esta vía poderáselles requirir ás persoas interesadas que achegen copia deles.

 

  • Copia cotexada do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. No caso de que o neno/a non nacera no momento da presentación da solicitude, esta documentación achegarase con posterioridade.

 

  • Certificado resumo da declaración anual do IRPF correspondente ao exercicio de 2019 relativo aos ingresos da unidade familiar expedido pola Axencia Tributaria (non é suficiente copia da declaración da renda).

No caso de que a persoa interesada non estea obrigada a presentar a declaración anual da renda deberá presentar unha certificación dos datos existentes na Administración Tributaria, expedida pola citada Axencia, agás aquelas persoas solicitantes de devolución rápida que deberán achegar unha copia da comunicación que lles envía a Axencia Estatal de Administración Tributaria.

 

  • Documentación acreditativa dos aspectos relacionados coa situación sociofamiliar e da situación laboral e familiar que se desexa que sexan tidos en conta e puntuados consonte co previsto nos puntos 1º e 2º do baremo que figura como Anexo 5.
Prazo para resolverA convocatoria estará resolta antes do día 1 de setembro de 2021
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos da convocatoria
Ligazóns da convocatoria
Publicación da convocatoria no taboleiro electrónico: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=23441593

Convocatoria prazas curso 2021-22

Descrición

Convocatoria de prazas na Escola Infantil Concepción Saiz Otero do Campus de Ourense para o curso 2021/22

Observacións

Prazo para a presentación de solicitudes: ata as 23:59 horas do día 12 de xullo de 2021, a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal).

Documentos da fase da convocatoria:

Relación provisoria solicitudes admitidas e excluídas a trámite

Descrición

R.R. do 14 de xullo de 2021 pola que se publica a relación provisoria de solicitudes admitidas e excluídas a trámite na convocatoria de prazas para a escola infantil "Concepción Saiz Otero" do Campus de Ourense para o curso escolar 2021/22

Observacións

Ábrese un prazo de cinco días hábiles dende a publicación para a emenda das causas de exclusión.

Documentos da fase da convocatoria:

Lista definitiva solicitudes admitidas a trámite

Descrición

R. R. 22/6/2021 pola que se publica a lista definitiva de solicitudes admitidas a trámite na convocatoria de prazas na escola infantil do Campus de Ourense para o curso 2021/22.

Documentos da fase da convocatoria:

Relación provisoria de prazas adxudicadas

Descrición

R. R. 22/7/21 pola que se publica a listaxe provisoria de prazas adxudicadas na escola infantil Concepción Sáiz Otero do Campus de Ourense para o curso 2021/22.

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás