Matrícula no Programa de Maiores 2018

TipoPrograma para maiores
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-MAIORES
Data de inicio de solicitudes02/07/2018
Data de fin de solicitudes19/10/2018
Descripcion

Resolución reitoral do 18 de xuño de 2018 pola que se publica a convocatoria de inscrición e matrícula no Programa de Maiores da Universidade de Vigo para o curso académico 2018/2019

Requisitos

CICLO INTENSIVO:

Poderán formalizar a matrícula no ciclo intensivo da titulación “universitario/a sénior” as persoas que previamente realizasen a inscrición e fosen admitidos no Programa para maiores (a matrícula neste caso formalizase online, a través do enlace)  así como o estudantado que xa gozase de matrícula neste ciclo en cursos anteriores e lle resten créditos para completar o ciclo (a matrícula realizarase nos lugares indicados na convocatoria).

O estudantado ao que lle falten créditos para completar o ciclo intensivo deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que lle queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso deberá matricularse de todos os créditos restantes nunha única vez.

 

CICLO INTEGRADO:

Poderán formalizar a matrícula no ciclo integrado da titulación “universitario/a superior sénior” as persoas que previamente realizasen a inscrición e fosen admitidos no Programa para maiores (a matrícula neste caso formalizase online, a través do enlace) así como o estudantado que xa gozase de matrícula neste ciclo en cursos anteriores e lle resten créditos para completar o ciclo (a matrícula realizarase nos lugares indicados na convocatoria).

O alumnado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.

 

 

Documentacion

CICLO INTENSIVO:

  • Formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos nesta convocatoria a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”.
  • Impresos de solicitude de matrícula, datos personais e datos bancarios debidamente cubertos e asinados (soamente para o alumnado de continuación).
Observaciones

A presente convocatoria entrará en vigor e terá efectos para a admisión e matrícula no Programa de Maiores para o curso académico 2018/2019.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/que-estudar/programa-universitario-maiores

19/07/2018 Listaxe provisional de alumnado admitido, lista de agarda e excluido - Ciclo intensivo

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 27 de xullo de 2018.

Documentos dunha fase de convocatoria:

30/07/2018 Listaxe definitivo de alumnado admitido, lista de agarda e excluido - Ciclo intensivo

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás