Bolsas de Integración-Belas Artes 2017/2018 (BB.AA. 02)

TipoAxuda asistencial
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBBAA022017/2018
Data de inicio de solicitudes16/06/2017
Data de fin de solicitudes30/06/2017
Descripcion

Axudas para estudantes que colaboren na integración de persoas con necesidades eductivas especiais na Facultade de Belas Artes

Requisitos

As persoas solicitantes deberán estar matriculadas no curso académico 2017/18 na Universidade de Vigo realizando estudos conducentes a obter un título oficial de grao ou máster nunha titulación das impartidas no campus de Pontevedra. Os/as beneficiarios/as deberán de manter a condición de alumno/a durante todo o período de duración da bolsa.

Ademais deben posuír a titulación de Técnico Superior en Interpretación de Linguaxe de Signos.

En todo caso os solicitantes, deberán de ter superados o 50% dos créditos dos estudos de grao, enxeñaría, ou licenciatura dos que están matriculados; ou o 100% dos que lle deron acceso ao máster oficial do que están matriculados. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos

Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a documentación requerida no punto 7 da base de esta convocatoria:

Fotocopia do NIF, NIE, ou pasaporte en vigor.

Fotocopia Documento de afiliación á Seguridade Social.

Certificación académica oficial dos estudos realizados; no caso de que se realizaran fóra da U. de Vigo.

Declaración xurada de compromiso de matricula para o curso 2017/18; no caso de non tela formalizada no momento da presentación da solicitude.

Currículum vitae, no que indicará a formación e as actividades realizadas que considere de interese para o desenvolvemento da bolsa con documentos acreditativos dos méritos alegados.

Solicitude de compatibilidade coa bolsa no caso de que o alumnado teña concedida unha bolsa distinta ás axudas ao estudo convocadas polo MECD.

Ficha persoal de pagamento (anexo III).

Declaración responsable de estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986.81.40.94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/asistenciais/

11/08/2017 Resolución pola que se declara a convocatoria deserta e pechado o procedemento

Descrición

Resolución reitoral do 10 de agosto de 2017, pola que se declara deserta e pechado o procedemento en relación á convocatoria dunha bolsa para estudantes que colaboren na axuda á integración dunha persoa con necesidades educativas especiais na Facultade de Belas Artes do Campus de Pontevedra (BB.AA. 02)

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás