Secretaría Uvigo

Axudas para organizar os cursos de Extensión da Universidade de Vigo - Ano 2021

TipoCursos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2021 - Cursos de extensión
Data inicio solicitudes07/04/2021
Data fin solicitudes20/04/2021
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/7842
Descripción

Convocatoria de axudas para organizar os cursos de Extensión da Universidade de Vigo no ano 2021.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. 

O formulario terá que ser cuberto pola persoa encargada da dirección do curso (a persoa solicitante, en calidade de director ou directora do curso proposto, deberá ter relación coa temática do curso que solicita).

Documentacion

Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do curso):

-Anexo II: Datos do curso de extensión universitaria.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento do curso, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, no suposto que a Universidade de Vigo perciba ingresos por entidades(s) e/ou institución(s) deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado.

- Autorización do lugar de celebración do curso.

- Convenio actualizado para a redución de matrícula a outros colectivos distintos da comunidade universitaria.

Observacións

Ao rematar de cubrir o formulario debe asinalo e presentalo a través da sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) como Instancia Xenérica (achegando unicamente a solicitude e non os anexos)  e deberá dirixirse á vicerreitoría do campus onde se vaia a celebrar o curso. No caso que non se celebre en ningún dos campus, dirixirase a vicerreitoría onde a persoa solicitante (coordinación do curso) teña establecido o seu centro de traballo ou de docencia maioritariamente.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 20 de abril de 2021, ás 23:59 horas.

Documentos da convocatoria
Atrás