Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego para o ano 2018

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteXunta de Galicia
Código2018-POSDOC
Data de inicio de solicitudes24/05/2018
Data de fin de solicitudes17/06/2018
Descripcion

Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime
de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a
través da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.

O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades
do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación
de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de
Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos,
Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións
Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que
contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos
seus centros.

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Enderezo web: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/25040
Correo electrónico: seccion.rrhh.investigacion@uvigo.es
Teléfono: 986-813906
Atrás