Axudas Juan de la Cierva- Incorporación_2020
Tipo | Recursos Humanos |
Organismo convocante | Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades |
Código | JC-INCORPORACIÓN_2020 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://www.ciencia.gob.es/portal/site/MICINN/menuitem.dbc68b34d11ccbd5d52ffeb801432ea0/?vgnextoid=056fe027b89f5710VgnVCM1000001d04140aRCRD |
Descripción | Convócanse 278 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 3 anos para que afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral. A convocatoria «Juan de la Cierva- Incorporación» diferencia dous trámites simultáneos:
|
Requisitos | Deben ser consultados no artigo 65 da Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 23 de novembro de 2020 (BOE 28/11/2020) pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2020, de diversas actuacións contempladas no Subprograma Estatal de Formación e no Subprograma Estatal de Incorporación do Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as Axudas Juan de la Cierva- Incorporación. |
Documentacion | Proceso interno para poder presentar a súa candidatura pola Universidade de Vigo: - Enviar o formulario interno para presentar candidaturas debidamente cuberto e asinado que aparece como adxunto a esta convocatoria antes do 15 de xaneiro de 2021 ás 15.00 horas A documentación necesaria para presentar unha candidatura ás axudas é a sinalada nas disposicións específicas das axudas Juan de la Cierva-Incorporación que se indican na resolución de convocatoria realizada polo Ministerio (art. 64) |
Observacións | Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é imprescindible seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria. |
Documentos da convocatoria | |