Secretaría Uvigo

III Premios de Investigacion, Transferencia e Divulgación Científica do Campus da Auga 2020

TipoOutras actividades
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoPCA-2020
Data inicio solicitudes02/11/2020
Data fin solicitudes11/01/2021
Descripción

A Vicerreitoría do Campus de Ourense-Campus da Auga da Universidade de Vigo considera importante, para estimular a promoción do Campus da Auga, premiar accións destacadas no ámbito da investigación, transferencia, e a divulgación científica, que contribúan a situar e consolidar o Campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relacionadas coa auga. 

Neste senso, a convocatoria ten por obxecto regular o procedemento para recoñecer, difundir e premiar traballos e accións de investigación, transferencia, e divulgación científica, relativas ás temáticas da auga, que resulten de interese para o desenvolvemento e promoción do Campus Auga.

  • Premios de investigación e transferencia.
  • Premios de divulgación científica

Os premios que se convocan son cinco, nas seguintes modalidades:

  • Premio ao TFG/TFM mais destacado.
  • Premio de investigación a teses doutorais.
  • Premio de investigación á mellor contribución científica.
  • Premio ao mellor resultado de transferencia.
  • Premio a accións ou actividades de divulgación científica.
Requisitos

Para concorrer a calquera das modalidades poderán ser candidatos/as o PDI e PI que no momento da convocatoria se atopen en situación de servizo activo na Universidade de Vigo, e o alumnado da Universidade de Vigo matriculado no curso 2018 - 2019, ou no curso 2019-2020, que cumpra os requisitos da modalidade do premio ao que se presenta.

  • Ningún solicitante poderá concorrer simultaneamente a máis dunha modalidade de premios.
  • No caso da modalidade A, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota mínima de 9 sobre 10.
  • No caso da modalidade B, os traballos presentados deberán ter sido avaliados cunha nota de sobresaínte cum laude.
  • No caso das modalidades C, D, e E, de ser o caso, a solicitude deberá contar con visto bo de todos/as os/as coautores/as da contribución, salvo imposibilidade xustificada. Neste senso, consideraranse beneficiarios/as a efectos de certificación da resolución de concesión todos/as os/as autores/as da contribución. No caso da dotación económica considerarase como beneficiario/a só ao solicitante.
  • Non se poderán presentar traballos que foran presentados a anteriores edicións destes premios.
Documentacion

Os/as interesados/as presentarán nos rexistros oficiais da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, un sobre aberto que indique a categoría dos Premios á que opta, e que conterá no seu interior:

  • Unha chave USB co Anexo I cuberto e o mérito que presenta, en formato pdf ou similar. O arquivo que conteña o mérito nomearase co título do dito mérito. A documentación non debe conter ningún elemento que o identifique sobre a autoría, dirección ou titoría, pero si indicará a titulación e o centro de procedencia da persoa autora do mérito.
  • Un sobre aberto, con indicación da categoría á que opta e o nome do mérito que presenta, que inclúa no seu interior o Anexo II cuberto e asinado, así como a documentación que corresponda, e que se indica no dito formulario. Nel introducirase o xustificante de rexistro de entrada e pecharase.
Observacións

As solicitudes dirixiranse á Vicerreitoría do Campus de Ourense.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 11 de xaneiro de 2021.

Prazo para resolverTres meses contados a partir do día seguinte da finalización da presentación de solicitudes
Documentos da convocatoria

Resolución de concesión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás