Secretaría Uvigo

Programa de Captación de Talento HCR da Universidade de Vigo, 2020

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCAPTAHCR_UVIGO_20
Data inicio solicitudes22/09/2020
Data fin solicitudes20/10/2020
Descripción

A presente convocatoria ten como obxecto a realización dun proceso selectivo de persoal investigador doutor, de moi alto nivel curricular destacado non só pola súa excelencia e liderado científico, senón tamén polo impacto da súa investigación e o recoñecemento internacional dentro do grupo das e dos mellores do seu campo de actividade, para a súa contratación temporal como investigador/a distinguido/a. 

O programa ofrece un único contrato de tres anos de duración a tempo completo prorrogable inicialmente por dous anos máis e con posibilidade de prórrogas adicionais de cinco anos.

Requisitos

- Posuír o título de doutora ou doutor.
- Posuír un mínimo de cinco anos de experiencia pos-doutoral de carácter internacional nun centro de coñecemento de fóra de España.
- Estar incluídas na derradeira lista de investigadoras e investigadores altamente citadas publicada por Thomson Reuters en calquera categoría científica (https://hcr.clarivate.com/)
Non poderán presentar a súa solicitude as persoas que teñan unha relación contractual coa Universidade de Vigo no momento da solicitude ou que a tivesen nos últimos doce meses anteriores á publicación desta convocatoria.

Documentacion

As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Universidade de Vigo no seguinte enderezo https://sede.uvigo.gal/ mediante unha instancia xenérica SXER, sen prexuízo de que tamén poida presentarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas e deberán acompañarse da seguinte documentación:
- Formulario de solicitude, cumprimentado en inglés segundo o modelo anexo, incluíndo os datos persoais e profesionais cunha listaxe dos cinco méritos máis relevantes.
- Curriculum vitae da persoa candidata en inglés (máximo 15 páxinas)
- Datos de contacto de catro persoas que poidan dar referencias profesionais.
- Un mínimo de dous e un máximo de catro cartas de referencia en inglés. Poden solicitarse ás persoas de contacto indicadas no punto anterior ou a outras.
- Un resumo da liña de investigación que se pretende desenvolver na Universidade de Vigo (máximo 2.000 caracteres).
Non é necesario achegar xustificantes dos méritos indicados no currículo no momento da solicitude. En caso de ser necesario, a comisión de selección poderá solicitar ao persoal investigador aspirante en calquera momento do proceso de avaliación e selección, a documentación adicional que corresponda para avaliar axeitadamente a candidatura e verificar o cumprimento dos requisitos.

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 20/10/2020.

Documentos da convocatoria

Presentación de solicitudes

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás