Convocatoria de axudas económicas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente

TipoFormación PDI
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoGID2018
Data de inicio de solicitudes27/02/2018
Data de fin de solicitudes23/03/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/2926
Descripcion

Apoiar economicamente as actividades dos Grupos de Innovación Docente (GID) xerados nos anos 2016 e 2017 na Universidade de Vigo.

  • Concepto I: Xeración de materiais docentes para a docencia universitaria

Sufragarase a elaboración de manuais, unidades didácticas, libros, capítulos, artigos relacionados directamente coa docencia, traducións e software con finalidade docente.

  • Concepto II: Actividades de divulgación docente

Sufragarase a elaboración de xornadas, conferencias e cursos que poderán estar destinadas á comunidade universitaria ou á sociedade.

  • Concepto III: Participación en congresos

Sufragarase a matrícula e a indemnización por razóns de servizo.

Requisitos

As persoas coordinadoras dos GID, aprobados pola COAP nos anos 2016 e 2017, serán as persoas que poderán solicitar as axudas.

No caso de elixir o Concepto III a persoa que coordina o GID seleccionará ao membro do grupo que participará no congreso. A persoa elixida ten que ter unha vinculación laboral coa Universidade de Vigo.

Documentos de convocatoria

R.R. de 7 de maio de 2018, pola que se publica a listaxe definitiva das axudas económicas concedidas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente

Descrición
  • Aprobar a publicación da listaxe definitiva das axudas económicas concedidas para a divulgación das actividades dos Grupos de Innovación Docente.
  • Os gastos teñen que corresponderse ao ano 2018 e executarse con anterioridade ao 1 de outubro de 2018. As facturas terán que ser enviadas antes do 15 de outubro de 2018.
Observacións

 

 

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás