Premios ao mellor TFG/TFM en Axenda 2030, cooperación ao desenvolvemento e RSU, 2019/2020
Tipo | Premios |
Organismo convocante | Universidade de Vigo |
Código | 2019_2020 RSU-Axenda 2030 |
Data inicio solicitudes | 24/07/2020 |
Data fin solicitudes | 21/09/2020 |
Enderezo formulario para solicitude online | https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6078 |
Descripción | Obxecto: Recoñecer os traballos de fin de Grao e Máster realizados polo alumnado da Universidade de Vigo que se distingan por ser especialmente relevantes en temáticas relacionadas coa Axenda 2030, a cooperación ao desenvolvemento e a responsabilidade social, facilitando a gratuidade da matrícula nos estudos que supoñan continuación dos xa cursados Nº de premios: 6 distribuídos por rama da titulación cursada:
Contía: A contía máxima do premio será o importe dos prezos públicos por servizos académicos dos estudos de grao, máster ou doutoramento da UVIGO dos que se matricule o alumnado no curso 2020/2021 ata o esgotamento do crédito respectando a orde de prelación resultante en cada rama unha vez realizados as bonificacións e exencións que lle sexan aplicables
|
Requisitos | a) Ter superado o Traballo Fin de Grao ou Máster durante o curso 2019/2020 na UVIGO cunha cualificación igual ou superior a 8,5 puntos. b) A temática do TFG/TFM debe estar relacionada con:
|
Documentacion | Solicitude: As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario online no seguinte enlace https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6078, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da Instancia Xenérica (SXER) existente na sede, poñendo en Asunto “premios ó mellor TFG/TFM en responsabilidade social axenda 2030”, achegando unicamente o arquivo coa solicitude. Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes:https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf. En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal. Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento (art. 66.6 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, se lle requirirá para que a emenda a través da súa presentación electrónica. A estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que foi realizada a emenda, de acordo ao artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de presentación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 21 de setembro de 2020, ás 23:59 horas (hora peninsular española). Documentación: Deberán subir a seguinte documentación ao formulario online (non hai que subir a documentación á sede electrónica):
|
Prazo para resolver | 3 meses |
Silencio administrativo | Desestimatorio |
Documentos da convocatoria | |
Ligazóns da convocatoria | |
Correo electrónico: | bolsasformacion@uvigo.es |
Teléfono: | 986 81 40 94 |
: | https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/premios |
29/09/2020 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 14 de outubro ás 23:59 horas (hora peninsular española) O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6038 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
03/11/2020 Listaxe provisoria de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda
Observacións | |
Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución e ata o día 17 de novembro ás 23:59 horas (hora peninsular española). O escrito de alegacións dirixido á Sección de Axudas e Bolsas deberá presentarse a través do modelo dispoñible no enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/6038 | |
Documentos da fase da convocatoria: | |
24/11/2020 Listaxe definitiva de premios concedidos, denegados e listaxe de agarda
Documentos da fase da convocatoria: | |