Axudas para estudantes con circunstancias económicas ou familiares especiais no curso 2017/2018

TipoAxuda asistencial
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2017-CE
Data de inicio de solicitudes21/04/2018
Data de fin de solicitudes16/05/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://secretaria.uvigo.gal/
Descripcion

O obxecto das axudas é atender as necesidades do alumnado matriculado na Universidade de Vigo no curso académico 2017/2018 en estudos universitarios oficiais de grao e mestrado, que presentan circunstancias económicas ou familiares que lle impidan ou dificulten a continuidade dos seus estudos

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado da Universidade de Vigo que cumpra os seguintes requisitos:

Atoparse nalgunha das seguintes situacións:

  1. Non ter dereito á bolsa xeral do MECD por ter sufrido unha situación sobrevida que afecte de xeito grave a economía familiar no ano 2017 ou 2018, e en especial:
    • situación de desemprego dalgún dos sustentadores principais.
    • falecemento dalgún dos sustentadores principais.
    • separación ou divorcio da persoa solicitante ou dos sustentadores principais.
    • recoñecemento legal de discapacidade dalgún dos sustentadores principais cun grao igual ou superior ao 65%.
    • enfermidade grave dalgún membro da unidade familiar.
    • algunha outra circunstancia que sitúe a renda familiar en niveis que conleven risco de exclusión social. (CÓDIGO DA SOLICITUDE:20172018E0001)
  2. Ter a condición de vítima de violencia de xénero e ter aboado os prezos públicos por servizos académicos do curso 2017/2018 por estar afectado polas restricións temporais establecidas no artigo 12.4 do Decreto 65/2017 no relativo a exención de prezos públicos(CÓDIGO DA SOLICITUDE:20172018E0002)
  3. Non ter dereito a bolsa xeral do MECD por non cumprir os requisitos académicos debido a concorrencia dalgunha circunstancia excepcional (enfermidade, accidente, falecemento de pai/nai, maternidade/paternidade do estudante no ano 2017, orfos absolutos, familias monoparentais, abandono familiar, estudantes solicitantes de dereito de asilo ou refuxio etc.) que xustifique o seu incumprimento.  (CÓDIGO DA SOLICITUDE:20172018E0003)
  4. Tendo concedida a bolsa xeral do MECD ter dificultades económicas para o aboamento das materias en segunda matrícula.  (CÓDIGO DA SOLICITUDE:20172018E0004)

Dada a natureza das axudas poderá obterse a condición de beneficiario aínda que non se cumpran os requisitos establecidos no artigo 13.2 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, en consonancia co disposto no artigo 4.5 do Real Decreto 1721/2007, de 21 de decembro, polo que se establece o réxime das bolsas e axudas ao estudo personalizadas.

Documentacion

Xunto coa solicitude achegarase a seguinte documentación:

- Modalidade 2: copia do libro de familia e acreditación da condición de vítima de violencia de xénero.

- Modalidade 4: non é preciso presentar documentación, dada a súa condición de beneficiaria de bolsa MECD.

- Modalidade 1 e 3. Deberá achegar a seguinte documentación:

  • Copia do NIF de todos os membros computables da unidade familiar. En caso de estudantes estranxeiros non comunitarios, será obrigatorio a presentación do NIE e os de todos os membros computables da unidade familiar que residan en España.
  • Documentación acreditativa das distintas situacións que afecten á composición da unidade familiar (sentenza de divorcio, certificado de convivencia da unidade familiar, independencia económica e familiar...).
  • Documentación acreditativa das situacións que dan dereito a dedución no cálculo da renda (familia numerosa, orfandade, certificado de discapacidade, irmáns estudantes universitarios residentes fora do domicilio familiar durante o curso anterior ...).
  • Documentación acreditativa da situación alegada (informes médicos, certificado desemprego, certificado incapacidade...).
  • Documentación acreditativa dos ingresos percibidos no estranxeiro polos membros da unidade familiar.
  • Certificado de vida laboral actualizado á data de presentación da solicitude de cada un dos membros da unidade familiar.
  • Calquera outro documento que a comisión de selección estime necesario para a correcta resolución da solicitude e que lle sexa solicitado.
Observaciones

A solicitude realizarase a través do formulario dispoñible na web da universidade ("debe identificarse en su secretaria virtual (http://secretaria.uvigo.gal/) e buscar o icono "Bolsas Propias de Estudos" dentro del apartado "Bolsas").

TEÑA EN CONTA QUE DEBERÁ ESCOLLER O MODELO DE SOLICITUDE SEGÚN A MODALIDADE DA BOLSA

Unha vez cuberta, deberá imprimir a solicitude e presentala coas sinaturas da persoa solicitante e demais membros computables da unidade familiar nos rexistros da universidade ou en calquera das dependencias previstas na lexislación sobre procedemento administrativo.

 

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 36 11
Correo electrónico: bolsas@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-estudo
Enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/24163

05/07/2018 Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas

Observacións

O prazo para presentar alegación remata o 19 de xullo

Documentos dunha fase de convocatoria:

26/07/2018 Listaxe provisoria de axudas concedidas e denegadas

Observacións

O prazo para presentar reclamación remata o 9 de agosto.

Documentos dunha fase de convocatoria:

13/08/2018 Listaxe definitiva de axudas concedidas e denegadas

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás