Secretaría Uvigo

Axudas para organizar os cursos de Extensión da Universidade de Vigo - Ano 2020

TipoCursos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2020 - Cursos de extensión
Data inicio solicitudes02/03/2020
Data fin solicitudes12/03/2020
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5902
Descripción

Convocatoria de axudas para organizar os cursos de Extensión da Universidade de Vigo no ano 2020.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo. 

O formulario terá que ser cuberto pola persoa encargada da dirección do curso (a persoa solicitante, en calidade de director ou directora do curso proposto, deberá ter relación coa temática do curso que solicita).

Documentacion

Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do curso):

-Anexo II: Datos do curso de extensión universitaria.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento do curso, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos, no suposto que a Universidade de Vigo perciba ingresos por entidades(s) e/ou institución(s) deberá achegarse o oportuno convenio debidamente asinado.

- Autorización do lugar de celebración do curso.

- Convenio actualizado para a redución de matrícula a outros colectivos distintos da comunidade universitaria.

Observacións

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro 

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 12 de marzo de 2020, ás 14:00 horas.

Documentos da convocatoria

29/05/2020 Suspensión convocatoria de axudas para organizar cursos de extensión 2020

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás