Secretaría Uvigo

Programa de Captación de Talento da Universidade de Vigo, 2019

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCAPTA_UVIGO_19-02
Data inicio solicitudes29/11/2019
Data fin solicitudes16/12/2019
Descripción

A presente convocatoria ten como obxecto a realización dun proceso selectivo de persoal investigador doutor, de moi alto nivel curricular destacado non só pola súa excelencia e liderado científico, senón tamén polo impacto da súa investigación e o recoñecemento internacional dentro do grupo das e dos mellores do seu campo de actividade, para a súa contratación temporal como investigador/a distinguido/a. 

O programa ofrece un único contrato de tres anos de duración a tempo completo prorrogable inicialmente por dous anos máis e con posibilidade de prórrogas adicionais de cinco anos.

Requisitos

- Posuír o título de doutora ou doutor cunha antigüidade mínima de 5 e máxima de 10 anos.
- Posuír un mínimo de cinco anos de experiencia pos-doutoral de carácter internacional nun centro de coñecemento de fóra de España.
- Estar incluídas na derradeira lista de investigadoras e investigadores altamente citadas publicada por Thomson Reuters en calquera categoría científica (https://hcr.clarivate.com/)
Non poderán presentar a súa solicitude as persoas que teñan unha relación contractual coa Universidade de Vigo no momento da solicitude ou que a tivesen nos últimos doce meses anteriores á publicación desta convocatoria.

Documentacion

A presentación de solicitudes debe realizarse nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro de procedemento administrativo común das administracións públicas ou no rexistro xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo e acompañarse da seguinte documentación:
- Formulario de solicitude, cumprimentado en inglés segundo o modelo anexo, incluíndo os datos persoais e profesionais cunha listaxe dos cinco méritos máis relevantes.
- Curriculum vitae da persoa candidata en inglés (máximo 15 páxinas)
- Datos de contacto de catro persoas que poidan dar referencias profesionais.
- Un mínimo de dous e un máximo de catro cartas de referencia en inglés. Poden solicitarse ás persoas de contacto indicadas no punto anterior ou a outras.
- Un resumo da liña de investigación que se pretende desenvolver na Universidade de Vigo (máximo 2.000 caracteres).
Non é necesario achegar xustificantes dos méritos indicados no currículo no momento da solicitude. En caso de ser necesario, a comisión de selección poderá solicitar ao persoal investigador aspirante en calquera momento do proceso de avaliación e selección, a documentación adicional que corresponda para avaliar axeitadamente a candidatura e verificar o cumprimento dos requisitos.
Toda a documentación presentada debe remitirse tamén por correo electrónico ao enderezo vicinv@uvigo.es en formato .pdf

Observacións

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 16/12/2019.

Fase de convocatoria

Documentos da fase da convocatoria:

Admisión

Documentos da fase da convocatoria:
Atrás