Secretaría Uvigo

ATL3219 – Enxeñeiro/a de desenvolvemento de software para a análise forense de contidos multimedia

TipoConvocatorias de I+D+i
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoI+D/2019_18
Data inicio solicitudes22/07/2019
Data fin solicitudes31/07/2019
Descripción

Convócase un proceso de selección para a contratación dun/ha enxeñeiro/a, mediante contrato en réxime temporal, como persoal de investigación e desenvolvemento para o proxecto AIDFORK.

AIDFORK é un proxecto financiado polo Programa Ignicia ao abeiro da Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de abril de 2018 que busca impulsar os proxectos que se atopan nun estado de madurez tecnolóxica que xa superou a fase de investigación fundamental, a través da validación da tecnoloxía e a posterior transferencia ao mercado dos resultados. AIDFORK desenvolve tecnoloxías para a análise forense de contidos multimedia a partires da caracterización de artefactos inherentes ao seu proceso de adquisición ou causados por unha manipulación dos mesmos.

Tipo de contrato: contrato por obra e servizo
Data prevista de comezo do contrato: 01/09/2019
Duración: 10 meses
Salario Bruto Mensual: segundo experiencia e valía do/a candidato/a
Lugar de traballo: Grupo de Procesado do Sinal en Comunicacións (GPSC), E.E. de Telecomunicación, Campus da Universidade de Vigo

Requisitos

Requisitos

  • Título universitario preferiblemente en enxeñaría de telecomunicación ou similar.
  • Experiencia en programación en C++, Python e MATLAB.
  • Coñecemento de ferramentas e librarías de tratamento de imaxe a nivel programación.

Valorarase positivamente o coñecemento das librarías: OpenCV e FFmpeg.

Criterios de valoración

  • Experiencia profesional (20%)
  • Formación (50%)
  • Entrevista (30%)

A comisión seleccionará un mínimo de dous candidatos para realizar unha entrevista presencial ou por medios telemáticos.

Documentacion

Os/As interesados/as deberán enviar o seu CV á dirección info@atlanttic.uvigo.es, indicando a referencia do posto no asunto do mensaxe.

Observacións

Ver oferta completa

Atrás