Secretaría Uvigo

Axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria - 1º cuadrimestre

TipoObradoiros
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019/2020 - 1 - OBR
Data inicio solicitudes22/05/2019
Data inicio solicitudes14/06/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/5101
Descripción

Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria no 1º cuadrimestre do curso 2019/2020.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

A persoa solicitante, en calidade de coordinador ou coordinadora do obradoiro proposto, deberá acreditar relación coa temática do obradoiro que solicita e impartir un mínimo do 20% das horas do obradoiro.

Unha mesma persoa só poderá presentar, en calidade de coordinador/a, un máximo de 3 solicitudes.

Documentacion

Ao rematar de encher o formulario debe achegar (subir), nun só ficheiro, a documentación que se indica (o título do arquivo será a denominación do obradoiro):

-Anexo II: Datos do obradoiro de Extensión Universitaria.

- Anexo III: Currículo resumido do persoal docente.

- Anexo IV: Custo do persoal docente.

- Anexo V: Orzamento estimado do obradoiro, asinado dixitalmente pola persoa solicitante.

- No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos.

Observacións

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro 

 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de xuño de 2019, ás 14:00 horas.

Documentos de convocatoria
Atrás