Bolsa deportes-campus Vigo

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2017-0303
Data de inicio de solicitudes01/12/2017
Data de fin de solicitudes18/12/2017
Descripcion

Resolución reitoral do 30 de novembro de 2017 pola que se convoca unha Bolsa de formación complementaria do estudantado da Universidade de Vigo na Área de Benestar, Saúde e Deporte do campus de vigo, durante o curso académico 2017/2018

Requisitos
  • Estar matriculado/a no curso 2017/2018 no último curso do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, Grao en Comunicación Audiovisual ou no Máster oficial en Dirección de Arte Publicitaria.
  • Para o estudantado de grao ter superados o 50% dos créditos. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.

Non poderán ter a condición de beneficiario as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

As persoas solicitantes deberán acompañar, obrigatoriamente, a seguinte documentación no momento da presentación da solicitude:

- Certificación académica dos estudos realizados no caso de que realizaran nunha universidade distinta á de Vigo

- Currículo, no que indicará a formación e as actividades realizadas que considere de interese para o desenvolvemento da bolsa con documentos acreditativos dos méritos alegados.

- Certificación acreditativa dos cursos de formación

Observaciones

As solicitudes realizaránse a través do formulario electrónico e deberán presentarse debidamente asinadas nos rexistros da universidade.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 18 de decembro de 2017

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas/formacion/
Atrás