Secretaría Uvigo

Convocatoria de axudas para organizar actividades extraacadémicas e de difusión cultural da Universidade de Vigo para o ano 2019

TipoAxudas organización de actividades extraacadémicas e de difusión cultural
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoCA-1-2019
Data de inicio de solicitudes01/03/2019
Data de fin de solicitudes15/10/2019
Descripcion

Convocatoria de axudas para a organización de actividades extraacadémicas nos centros: Conferencias e mesas redondas que teñan como finalidade a divulgación a amplos colectivos sociais de temas que son de actualidade e de interese xeral para a comunidade. Actividades culturais, incluindo a celebración dos patróns dos centros, recuperación das festas populares, realización de actos culturais no eido da música, as artes plásticas, o cine, o recoñecemento do patrimonio próximo.

Requisitos

Quedan excluídas desta convocatoria:

  • As solicitudes presentadas por persoas que non pertenzan á comunidade universitaria da Universidade de Vigo.
  • As conferencias, mesas redondas ou actos culturais que formen parte de programas de actividades que reciban financiamento de calquera outra das convocatorias da Universidade de Vigo.
  • Calquera outra actividade competencia doutra vicerreitoría, servizo ou área da Universidade de Vigo distinta da área de actividades culturais.
  • Os cursos en xeral, os congresos e seminarios.
  • Os ágapes, petiscos, comidas ou bebidas, en xeral, que non se correspondan coa mantenza das/os invitadas/os ou convidadas/os a unha actividade.
  • As visitas e excursións susceptibles de seren financiadas por medio da convocatoria de prácticas de campo da Universidade de Vigo.
Documentos de convocatoria
Atrás