Secretaría Uvigo

Bolsas "Carolina" para cursar estudos de Máster, 2019/20

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código20182019 Bolsa CAROLINA
Data de inicio de solicitudes21/02/2019
Data de fin de solicitudes07/03/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://www.fundacioncarolina.es/
Descripcion

Estas bolsas teñen por obxecto compensar o custo da realización dos estudos do Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social entre nacionais de un pais de América Latina, membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións, ou de Portugal.

Requisitos
  • Ser nacional dalgún país de América Latina membro da Comunidade Iberoamericana de Nacións ou de Portugal.
  • Non ter residencia legal en España. 
  • Estar en posesión do título de licenciatura ou equivalente da rama de coñecemento de Ciencias sociais e xurídicas que permita o acceso aos estudos do máster (preferentemente Criminoloxía, Dereito, Educación Social, Psicoloxía)
  • Ter unha nota media de 8 ou superior (sobre 10) nos estudos que lle dan acceso ao máster

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

As persoas solicitantes deberán cubrir o formulario electrónico a través da web www.fundacioncarolina.es e aportar a documentación que se lle esixe na convocatoria da Fundación.

O prazo de presentación das solicitudes está aberto ata o 7 de marzo de 2019.

Observaciones

NOTA IMPORTANTE:

Para a obtención da bolsa Carolina é indispensable haber completado os datos da solicitude da páxina web da Fundación Carolina así como haber satisfeito as esixencias de admisión marcadas polas Becas Santander (https://www.becas-santander.com/program/becas-fundacion-carolina ) antes do 7 de marzo de 2019, a través do enlace da conexión.

No caso de que unha das dúas institucións non teña os seus datos rexistrados, non se cursará a súa solicitude para a obtención da bolsa Carolina

 

 

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Enderezo web: https://www.fundacioncarolina.es/
Atrás