Secretaría Uvigo

Axudas a grupos de Investigación do Campus de Ourense - INOU 2018

TipoProxectos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoINOU-18
Data de inicio de solicitudes21/03/2018
Data de fin de solicitudes09/04/2018
Descripcion

O obxectivo deste programa é apoiar as investigacións que contribúan ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense e ao coñecemento da súa realidade, así como a especialización do Campus de Ourense – Campus da Auga. Para iso financiaranse proxectos relacionados cos ámbitos socioeconómicos máis propios da provincia, como o turismo, a agricultura e gandería, o comercio, a xestión integral e o aproveitamento de recursos hídricos, especialmente os relacionados co termalismo, ou calquera outro sempre que se xustifique axeitadamente a súa relación coa provincia de Ourense, ou coa especialización do Campus da Auga.

Requisitos

Poderá solicitar esta axuda calquera investigador/a a tempo completo da Universidade de Vigo non funcionario que cumpra as seguintes características:

  • Ter unha relación contractual laboral coa Universidade de Vigo como mínimo ata a data de finalización da execución da subvención, queda excluído o persoal investigador contratado con cargo a proxectos de investigación.
  • Desenvolver a súa tarefa investigadora no campus de Ourense, entenderase que a pertenza a unha das Xuntas de Centro deste Campus é condición suficiente, o resto do persoal deberá acreditar a súa adscrición investigadora ao Campus de Ourense.
  • Non ter sido investigador/a principal en ningún outro proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo.
  • Non ter recibido financiamento desta convocatoria no ano 2017 como investigador/a principal.
  • Non ter sido investigador/a principal de dúas ou máis axudas INOU nas 5 últimas convocatorias.
  • Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.
  • A solicitude terá que estar apoiada por un equipo ata un máximo de catro investigadores/as (incluíndo o/a investigador/a solicitante) vinculados/as ao Campus de Ourense, durante todo o período de execución do proxecto, con dedicación a tempo completo, e que non sexan actualmente investigadores/as principais de ningún proxecto de investigación de carácter competitivo de ámbito autonómico, estatal ou europeo. Ningún investigador/a poderá figurar na solicitude de máis dun proxecto. Ningún grupo de investigación, dos recollidos no catálogo de grupos de investigación da Universidade de Vigo poderá presentar máis dun proxecto.

 

Documentacion

As solicitudes deberán ser cumprimentadas empregando o modelo anexo a esta convocatoria e, unha vez asinadas, presentaranse antes do 09 de abril de 2018 ás 14:00 horas, no Rexistro auxiliar do campus de Ourense.

Non obstante, poderán presentarse indistintamente no Rexistro xeral da Universidade de Vigo, en calquera dos Rexistros auxiliares ou por calquera dos medios das letras b), c), d) e e) establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 01 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As solicitudes irán dirixidas á Vicerreitoría do campus de Ourense

Documentos de convocatoria

Listaxes

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás