Secretaría Uvigo

Bolsas de formación en tradución de textos, curso 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019-13
Data de inicio de solicitudes16/01/2019
Data de fin de solicitudes29/01/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/4374
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, en:

                Grao en Tradución e Interpretación (inglés)

                Grao en Linguas Estranxeiras (inglés)

                Máster en Tradución para a comunicación internacional

                Máster en Tradución multimedia

                Máster en Lingüística aplicada

Máster en Estudos ingleses avanzados e as súas aplicacións

  • No caso do alumnado de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao dos que se matricula no presente curso académico. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de 12 meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses naturais independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a adxudicación da bolsa.

A documentación non presentada non será tida en conta para a valoración dos expedentes pola Comisión de Selección

Observaciones

No caso de presentar documentación debes subila nun ficheiro a través do formulario para facer a solicitude.

IMPORTANTE: Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de xaneiro.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986814094
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion#

05/02/2019 Listaxe provisoria do alumnado admitido e excluído

Observacións

Alegacións ata o 12 de febreiro

Documentos dunha fase de convocatoria:

15/02/2019 Listaxe provisoria de bolsas concedidas e listaxe de agarda

Observacións

Alegacións ata o 22 de febreiro

Documentos dunha fase de convocatoria:

26/02/2019 Listaxe definitiva de bolsas concedidas e listaxe de agarda

Observacións

As persoas seleccionadas remitiráselles un correo electrónico indicando o lugar e a hora de presentación.

Lémbrase que, segundo indica a convocatoria no seu apartado 10, son obrigas das persoas bolseiras: 

Presentar na Sección de Bolsas e Axudas ao Estudo, dentro do mes seguinte á finalización da bolsa, unha memoria final das actividades realizadas durante todo o período da bolsa. Esta memoria debe estar informada favorablemente pola persoa titora

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás