Secretaría Uvigo

Axudas Juan de la Cierva- Incorporación_2018

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteMinisterio de Ciencia, Innovación e Universidades
CódigoJC-INCORPORACIÓN_2018
Descripcion

Convócanse 225 axudas para fomentar a contratación laboral de persoal doutor novo por un período de 3 anos para que afiancen as capacidades adquiridas durante unha primeira etapa de formación posdoutoral.

Diferenciánse dous trámites simultáneos:

a. A presentación de candidaturas por parte do persoal investigador doutor aspirante que cumpra os requisitos exixidos pola convocatoria e que deberá tramitar persoalmente mediante o formulario electrónico de solicitude tal e como indican as bases da convocatoria, cuxo prazo comeza o 15 de xaneiro ás 00.00 horas e remata o 29 de xaneiro ás 15.00 horas.
b. A presentación dunha solicitude única por parte dos centros de I+D, Universidade de Vigo neste caso, coa relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura

Requisitos

Deben ser consultados no artigo 72 da Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 20 de decembro de 2018 pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2018, de diversas actuacións contempladas no Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as axudas Juan de la Cierva- Incorporación.

Documentacion

Proceso interno:
- Formulario interno para presentar candidaturas debidamente cuberto e asinado que aparece como anexo a esta convocatoria.

A documentación necesaria para presentar unha candidatura é a sinalada nas disposicións específicas das axudas Juan de la Cierva-incorporación que se indican na resolución de convocatoria realizada polo Ministerio.

Observaciones

Posto que a Universidade de Vigo, como centro de I+D, debe presentar unha instancia de solicitude xunto cunha relación de investigadoras e investigadores que presentan a súa candidatura, é necesario seguir as instrucións internas que se poden consultar no documento adxunto a esta convocatoria.

Documentos de convocatoria
Atrás