Secretaría Uvigo

Convocatoria interna de selección de perfís_Ramón y Cajal 2018

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoRYC_2018_UVIGO
Data de inicio de solicitudes29/12/2018
Data de fin de solicitudes10/01/2019
Descripcion

O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades vén de publicar a Resolución da Presidencia da Agencia Estatal de Investigación de 20 de decembro de 2018 pola que se aproba a convocatoria de tramitación anticipada, correspondente ao ano 2018, de diversas actuacións contempladas no Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación 2017-2020 entre as que están as Axudas Ramón y Cajal para financiar a contratación de novo persoal doutor. 

Dado que a convocatoria fixa unha solicitude única por cada centro de I+D, a Universidade de Vigo establece un procedemento interno de recepción e selección de declaracións de interese.

O obxectivo deste subprograma é a concesión de axudas dunha duración de 5 anos para a contratación laboral de persoal doutor en organismos de investigación, co fin de favorecer a súa carreira profesional investigadora e promover a captación ou recuperación de persoal investigador español ou estranxeiro. As axudas contemplan unha financiación adicional para a execución da actividade investigadora.

Requisitos

Poderán presentar declaración de interese en acoller persoal investigador doutor seleccionado mediante a convocatoria «Ramón y Cajal 2018» os grupos de investigación, centros de investigación e agrupacións estratéxicas de calquera ámbito de coñecemento.
Un mesmo centro/agrupación estratéxica/grupo de investigación pode ofertar máis dun posto, aínda que no proceso de selección a Comisión de Investigación da Universidade de Vigo, á vista do conxunto de solicitudes presentadas e dos méritos dos grupos, poderá limitar o número de perfís autorizados por grupo.

Documentacion

- Formulario de declaración de interese correspondente. 

- Compromiso de acollida por parte do departamento.

Observaciones

Antes do 10 de xaneiro de 2019 ás 14.00 horas debe presentarse a documentación requirida debidamente asinada en calquera dos rexistros da Universidade de Vigo.

No mesmo prazo, debe remitirse ao enderezo electrónico seccion.rrhh.investigacion@uvigo.es a documentación en versión word, non é necesario que veña asinada. ASUNTO Ramón y Cajal 2018.

Documentos de convocatoria

Presentación de declaración de interese

Documentos dunha fase de convocatoria:

Selección de perfís

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás