Secretaría Uvigo

Mobilidade K107 con Exipto

TipoMobilidade PDI
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código27122018/2
Data de inicio de solicitudes28/12/2018
Data de fin de solicitudes18/01/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://seix.uvigo.es/uv/web.
Descripcion

RESOLUCIÓN REITORAL DE 27 DE DECEMBRO DE 2018 POLA QUE SE CONVOCA 1 AXUDA PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ERASMUS+ KA107 PARA PROFESORES NO CURSO ACADÉMICO 2018/2019 NO MARCO DO PROGRAMA ERASMUS+ KA107 CON EXIPTO PARA PROFESORES (STA)

A Universidade de Vigo, en tanto que institución elixible trala obtención da ECHE (Erasmus Charter for Higher Education) para participar no programa Erasmus+, asinou un convenio de subvención co Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE) con número 2017-1-ES01- KA107-037557 para financiar mobilidades da convocatoria 2017 do programa Erasmus+, acción KA107 con Exipto.

 

Requisitos


Poderá participar na presente convocatoria o persoal docente que cumpra os seguintes requisitos:

a) Ter relación contractual como persoal docente e investigador coa Universidade de Vigo durante o momento da solicitude e mantela no momento de realización da estadía, no programa de doutoramento DocTIC.

b) Non poderá participar nesta convocatoria o persoal laboral con contrato de investigación sen docencia no POD.

c) Ser cidadá/n dalgún dos 28 países membros da UE, de Islandia, Liechtenstein e Noruega, dun país candidato á adhesión (Turquía e a Antiga República Iugoslava de Macedonia) ou posuír o estatuto de residente permanente, de apátrida ou de refuxiado/a en España. Poderán participar aquelas persoas que, non sendo nacionais dun dos países participantes no Erasmus+, o sexan de terceiros países e estean en posesión dun permiso de residencia válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.

d) Contar coa invitación da universidade solicitada para a estadía docente

e) Non poderán ter a condición de beneficiarias as persoas nas que concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións, de 17 de novembro.

 

Documentacion

Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación:

1.- Carta de invitación ou copia dunha mensaxe de correo el verifique a aprobación da estadía docente por parte da universidade de destino.

 

Observaciones


O formulario de solicitude en liña atópase na Secretaría Virtual, dentro do apartado Formularios i Enquisas: https://seix.uvigo.es/uv/web.

Unha vez enviada a solicitude en liña deberá imprimir unha copia e presentala debidamente asinada nos rexistros da Universidade ou por calquera dos medios previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación:

1.- Carta de invitación ou copia dunha mensaxe de correo electrónico que verifique a aprobación da estadía docente por parte da universidade de destino.

entación das solicitudes será dende o día seguinte ao da publicación desta convocatoria ata o 18 de xaneiro de 2019.

 

Documentos de convocatoria

Listados provisionais de admitidos

Descrición

RESOLUCIÓN REITORAL DE 29 DE XANEIRO DE 2019 POLA QUE SE PUBLICA A LISTAXE PROVISORIA DE SOLICITUDES ADMITIDAS A TRÁMITE NO CADRO DUNHA AXUDA PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA ERASMUS+ KA107 CON EXIPTO PARA PROFESORES NO CURSO ACADÉMICO 2018-09

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás