Secretaría Uvigo

Inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo

TipoAsociacionismo
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2019 - ASOC. CENSO
Data inicio solicitudes16/01/2019
Data fin solicitudes29/11/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3649
Descripción

Convocatoria para a inclusión ou actualización dos datos no censo público de asociacións estudantís da Universidade de Vigo para o ano 2019.

Requisitos

Terá a consideración de asociación de estudantes na Universidade de Vigo as que, constituídas de conformidade co establecido na Lei orgánica 1/2002 de 22 de marzo e no regulamento de estudantes da Universidade de Vigo, se comprometan e impliquen na defensa dos bens culturais e universitarios en réxime de liberdade, autonomía, representatividade e auténtica participación dos seus asociados e asociadas, dentro do respecto ao ordenamento xurídico do Estado, da Comunidade Autónoma de Galicia e da Universidade de Vigo.

Poden solicitar a inclusión no censo oficial de asociacións estudantís da Universidade de Vigo as asociacións estudantís no que o porcentaxe de membros estudantes da Universidade de Vigo sexa igual ou superior ao 50% do total de persoas asociadas.


A estrutura e funcionamento interno das asociacións estudantís deberán ser democráticos e rexerse por uns estatutos aprobados polos órganos competentes.

A solicitude debe ser cuberta pola persoa que ostenta a presidencia ou quen teña a representación da asociación estudantil.

Documentacion

- Para a Inclusión no censo:
No FICHEIRO 1, deberá achegar (subir) a seguinte documentación:
· Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de alumnado da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.

No FICHEIRO 2 deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será a denominación da asociación):

    • Acta de constitución da asociación estudantil, debidamente asinada por todos os promotores.
    • Certificación da súa condición de asociación legalizada pola Xunta de Galicia.
    • Fotocopia do CIF da asociación estudantil.
    • Estatutos da asociación estudantil, asinadas en todas as páxinas polos promotores e visados pola Xunta de Galicia e adaptados segundo o establecido la lei orgánica 1/2002 do 22 de marzo (BOE do 26).
    • Certificación da conta bancaria, selada pola entidade, a nome da asociación estudantil.
    • Fotocopia do libro de asociados. Indicarase  o nome e apelidos, DNI/NIE e a titulación na que se atopan matriculados os/as estudantes  membros da asociación, que non poderán ser menos do 50% do total dos socios.
    • Copia de NIF/NIE da persoa que ostenta a presidencia e do resto de promotores.
    • Programa de actividades para o ano 2019, aprobado en asemblea, cunha breve descrición de obxectivos e contidos, orzamento de gastos e ingresos previstos. Ten que estar aprobado en asamblea, polo que é preciso que remitan unha copa, debidamente asinada, da súa aprobación.

 

- Para a actualización dos datos:

No FICHEIRO 1, deberá achegar (subir) a seguinte documentación:
· Anexo II: Compoñentes da xunta directiva. Todos os membros teñen que pertencer ao colectivo de alumnado da Universidade de Vigo, ou como mínimo a presidencia, secretaría e tesourería. Este impreso debe achegarse (subirse) debidamente cumprimentado e asinado (mediante sinatura electrónica) pola persoa que ostente a presidencia ou representante legal.

No FICHEIRO 2 deberá achegar (subir), nun só arquivo, a seguinte documentación (o título do arquivo será a denominación da asociación):

    • Relación de asociados e asociadas no presente ano (ou copia do libro de asociados). Indicarase: nome, apelidos, NIF/NIE e a titulación en que se atopan matriculados os membros da asociación que sexan estudantes da Universidade de Vigo. Estes últimos non poderán constituír unha porcentaxe inferior ao 50% do total de socios e socias.
    • Síntese da actividade da asociación durante o ano 2018, con referencia ao funcionamento, programas levados a cabo, resumo dos orzamentos executados e grao de participación nas actividades. A programación ten que estar aprobada en asemblea, polo que é preciso que remitan unha copia, debidamente asinada,  da súa aprobación.
  • Para calquera modificación da asociación estudantil, a documentación esixida aparece reflectida na convocatoria.
Observacións

Unha vez cuberto o formulario e subidos os arquivos solicitado, débese imprimir, asinar e presentar nos Rexistros da Universidade de Vigo ou en calquera dos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo das administracións públicas.

O prazo de presentación de solicitudes para a inclusión ou actualización dos datos no censo oficial de asociacións da Universidade de Vigo remata o 29 de novembro de 2019.

Documentos de convocatoria
Atrás