Secretaría Uvigo

Beatriz Galindo_Tecnología Electrónica y de las Comunicaciones

TipoRecursos Humanos
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoBEAGAL18/00145
Data inicio solicitudes24/04/2019
Data fin solicitudes24/05/2019
Enderezo formulario para solicitude onlinehttp://www.educacionyfp.gob.es/mecd/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/277089/ficha/277089-2018-fase2.html
Descripción

O obxectivo desta convocatoria é a realización dun proceso selectivo para a contratación dunha persoa como investigadora distinguida por un período de 4 anos cuxo obxecto será a realización de actividades de investigación e docencia dentro do marco de funcións e fins da Universidade de Vigo en coherencia co perfil da praza descrito nos documentos anexos.

Requisitos


1. Posuír un título de Doutora ou Doutor no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación ou similar.
2. Ter experiencia investigadora posdoutoral nunha ou varias universidades e/ou entidades estranxeiras coñecidas no seu respectivo país como centro de I+D+i no ámbito das redes inalámbricas de polo menos dous anos. A devandita experiencia debe abarcar o maior número posible das seguintes áreas:
a. Aprendizaxe máquina.
b. Ciencia de redes de comunicacións.
c. Métodos de optimización.
d. Procesado estatístico de sinal.
e. Caracterización de fenómenos de propagación en radiocomunicación.
Valorarase así mesmo a experiencia docente posdoutoral nunha universidade estranxeira.
A data que será tida en conta para os efectos de cómputo da antigüidade de quen presente a súa solicitude será o último día de prazo de presentación de solicitudes.

Non poderá presentar solicitude o persoal docente ou investigador que estea a gozar unha axuda económica de análoga natureza á contida nesta convocatoria.

Documentacion

As solicitudes deberán presentarse a través da sede electrónica do Ministerio no seguinte enlace Solicitudes Beatriz Galindo  e encherse necesariamente en inglés.

Este enlace estará activo única e exclusivamente durante o prazo de presentación de solicitudes:
- Apertura: 08.00h da mañá do día 24 de abril de 2019, horario peninsular en España.
- Peche: 17.00h da tarde do día 24 de maio de 2019, horario peninsular en España.

A solicitude deberá ir acompañada da seguinte información:
a) Proxecto docente.
b) Proxecto de investigación e transferencia do coñecemento.
c) Curriculum vitae onde deberá aparecer e acreditar a relación das estancias predoutorais e posdoutorais realizadas e a vinculación actual ou recente con universidades e/ou centros de investigación estranxeiros así recoñecidos, así como a experiencia docente de grao e/ou posgrao na etapa posdoutoral.
d) Memoria explicativa do retorno para a Universidade de Vigo do proxecto docente e do proxecto de investigación e transferencia do coñecemento.
A non presentación en prazo desta información non poderá ser obxecto de emenda e determinará a inadmisión da solicitude.

Observacións

Quen presente unha candidatura deberá indicar claramente en que área ou áreas de traballo das descritas a continuación centrará a súa investigación e como a abordará:
a. Comunicacións en redes inalámbricas: sistemas conscientes do espectro e aprendizaxe máquina para redes dinámicas.
b. Redes radio intelixentes: inferencia e control distribuídos con grandes volumes de datos.

Para obter máis información sobre o proxecto docente e investigador a desenvolver pola persoa seleccionada, deben consultarse os documentos «Teaching Plan» e «Research and Transfer Project» que acompañan esta resolución.

Fase de solicitude

Documentos dunha fase de convocatoria:

Fase de concesión

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás