Bolsa de formación en normalización lingüística, 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-08
Data de inicio de solicitudes07/12/2018
Data de fin de solicitudes21/12/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3647
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de 
    • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
    • Grao en Traducción e Interpretación
    • Grao en Estudos de Galego e Español
  • Ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses naturais independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa.

Non poderán ter a condición de beneficiario/a as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 13.2 da lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo

Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

No caso de presentar documentación debes subila a través do formulario online nun so arquivo comprimido

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 814094
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://uvigo.gal/uvigo_gl/administracion/bolsas/bolsas-bolsasformacion
Atrás