POTENCIACIÓN LIÑAS INVESTIGACIÓN TRANSFERENCIA

TipoTransferencia
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
CódigoTRANSFERENCIA
Data de inicio de solicitudes26/11/2018
Data de fin de solicitudes13/12/2018
Descripcion

A presente convocatoria ten como obxectivo facilitar a dispoñibilidade de recursos económicos continuados e estables para o desenvolvemento da actividade dos grupos de investigación da Universidade de Vigo, contribuíndo así a minimizar as interrupcións no financiamento ocasionadas por diversas circunstancias asociadas á formalización de actividades contratadas de I+D, entre outros.

Trátase de favorecer a acumulación de fondos suficientes para facer fronte a inversións en equipamentos ou sufragar gastos asociados ás liñas de investigación con potencial de transferencia da tecnoloxía.

Requisitos

Ter contratos do artigo 83 finalizados no 2018 con créditos orzamentarios sen executar superiores a 50.000€ se pertence ao ámbito tecnolóxico/científico e a 45.000€ para os restantes ámbitos.

Documentacion

Formulario de Solicitude.

Resumo da liña de investigación a desenvolver e importe de fondos solicitados.

Detalle de actividades de I+D contratadas solicitadas.

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Correo electrónico: Vicerreitoría de Transferencia
Teléfono: 986 130 257
Atrás