Bolsas de formación en centros (aulas informáticas)

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-0104
Data de inicio de solicitudes30/10/2018
Data de fin de solicitudes13/11/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3638
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula

Requisitos
  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa, nas titulacións de Grao ou Máster que se sinalan no Anexo III.
  • No caso de alumnado de Grao ter superados o 50% dos créditos dos estudos de Grao nos que se matricula. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Cumprir os requisitos específicos sinalados no Anexo III da convocatoria
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses naturais independentemente do día en que comeza ou finaliza a bolsa
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo.

Observaciones

No caso de presentar documentación debes subila nun ficheiro a traves do formulario

Ao rematar de cubrir o formulario debes imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986 81 40 94
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion
Atrás