Axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria - 2º cuadrimestre

TipoObradoiros
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018/2019 - 2 - OBR
Data de inicio de solicitudes29/10/2018
Data de fin de solicitudes30/11/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3634
Descripcion

Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros de Extensión Universitaria no 2º cuadrimestre do curso 2018/2019.

Requisitos

Membros da comunidade universitaria da Universidade de Vigo.

A persoa solicitante, en calidade de coordinador ou coordinadora do obradoiro proposto, deberá acreditar relación coa temática do obradoiro que solicita e impartir un mínimo do 20% das horas do obradoiro.

Unha mesma persoa só poderá presentar, en calidade de coordinador/a, unha solicitude.

Documentacion

No momento de encher a solicitude online, deberán achegar (subir), nun só ficheiro, os seguintes documentos debidamente asinados:

  • Datos do obradoiro (Anexo II).
  • Currículo resumido do persoal docente (Anexo III).
  • Custo do persoal docente (Anexo IV).
  • Orzamento estimado do obradoiro (Anexo V).
  • No caso de contar con financiamento externo á Universidade de Vigo, achegarase a documentación acreditativa expedida pola(s) entidade(s) ou institución(s) correspondente(s), con indicación da contía económica concedida en cada un dos casos.
Observaciones

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro 

O prazo de presentación de solicitudes remata o 30 de novembro de 2018, ás 14:00 horas.

Documentos de convocatoria
Atrás