Secretaría Uvigo

Bolsas de Mobilidade para o estudantado dos Mestrados Universitarios, 2022/2023

TipoMobilidade estudantes
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2022_2023 Mobilidade Mestrado
Fecha inicio solicitudes05/05/2023
Fecha fin solicitudes02/06/2023
Dirección formulario para solicitud onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11003
Descripción

OBXECTO:

Sufragar os gastos derivados da realización de actividades de contido formativo dos mestrados oficiais impartidos pola Universidade de Vigo, que se teñan que desenvolver nunha localidade diferente á da sede do seguintes mestrados:

  • Nanociencia e nanotecnoloxía
  • Lingüística aplicada
  • Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
  • Investigación química e química industrial
  • Xenómica e Xenética
  • Quimica teórica e modelización computacional
Requisitos

REQUISITOS:

a) Estar matriculado no curso 2022/2023, e en todo caso no momento de realizar o desprazamento subvencionado, a tempo completo dun mínimo de 60 créditos ou os que lle queden para finalizar os estudos.

b) Non estar en posesión dun título de mestrado oficial.

c) Realizar ó longo do curso 2022/2023 unha actividade propia do mestrado que esixa desprazamento a unha localidade diferente á da sede do mestrado

No caso dos mestrados cunha duración de 2 cursos o desprazamento poderá realizarse ata o 30 de outubro.

Documentación

SOLICITUDE:

As persoas solicitantes deberán encher o formulario en liña no seguinte enlace: https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/11003, descargalo e presentalo na sede electrónica da Universidade de Vigo (https://sede.uvigo.gal) a través da instancia xenérica (SXER) existente na sede, e pór como asunto “Bolsas mobilidade mestrado” achegando, unicamente o formulario coa solicitude.

O prazo de presentación das solicitudes comeza o día seguinte a publicarse esta convocatoria e remata o 2 de xuño de 2023, ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Non se admitirán a trámite aquelas solicitudes que se presenten por outras vías. O modelo específico de presentación de solicitudes é de uso obrigatorio para os interesados neste procedemento. 

Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Universidade de Vigo dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes: https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2020-06/Guia_rexistro_instancia_xenerica_gl.docx.pdf.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios, poderán dirixirse ao enderezo electrónico sede@uvigo.gal.

Observaciones

OBRIGAS:

As persoas beneficiarias das bolsas están obrigadas a:

  • Destinar a bolsa á finalidade para a que foi concedida.
  • Presentar documentación acreditativa da participación na actividade subvencionada e a que sexa precisa para acreditar os desprazamentos correspondentes no prazo de 1 mes dende a finalización da actividade.
Plazo para resolver3 meses
Silencio administrativoDesestimatorio
Documentos de la convocatoria
Enlaces de la convocatoria
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Teléfono: 986 81 40 94
: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-mobilidade
Taboleiro: https://sede.uvigo.gal/public/bulletin/bulletin-details.xhtml;jsessionid=8F16E7E831DB7C180006185E6FCFD646?idtaskdata=32036636

08/06/2023: Listaxe provisoria de solicitudes admitidas e excluídas

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación desta listaxe e ata o día 22 de xuño ás 23:59 horas (hora peninsular española).

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

23/06/2023: Listaxe definitiva de solicitudes excluídas

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

07/07/2023: Listaxe provisoria de solicitudes con bolsa concedida

Observaciones

Alegacións a partir do día seguinte ó da publicación e ata o día 21 de xullo ás 23:59 horas (hora peninsular española)

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:

27/07/2023: Listaxe definitiva de persoas con bolsa concedida

Observaciones

Enlace á publicación no taboleiro

Documentos de la fase:
Atrás