Bolsas de formación en prevención de riscos laborais, 2018/2019

TipoBolsa de formación
Organismo convocanteUniversidade de Vigo
Código2018-14
Data de inicio de solicitudes03/08/2018
Data de fin de solicitudes14/09/2018
Enderezo formulario para solicitude onlinehttps://secretaria.uvigo.gal/uv/web/formularios/encuesta/cubrir_paso1/3612
Descripcion

O obxecto da bolsa é fomentar unha mellor formación teórica e práctica do alumnado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades vinculadas á titulación na que se matricula.

Requisitos

Pode solicitar a bolsa o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

  • Estar matriculado no curso 2018/2019 e durante todo o período de duración da bolsa nalgunhas das titulacións de Grao seguintes: Enxeñaría en Organización Industrial, Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos ou no Máster de Prevención de Riscos Laborais.
  • No caso dos/as estudantes de Grao ter superados o 50% dos créditos da titulación e o 100% dos estudos que dan acceso ao máster no caso de estudantes de máster. O último día de presentación das solicitudes será o que se teña en conta aos efectos de determinar a superación destes créditos.
  • Non ter gozado con anterioridade dunha bolsa de formación complementaria da Universidade de Vigo durante máis de doce meses, de forma consecutiva ou descontinua. O cómputo do tempo farase por meses completos de tal xeito que se a bolsa comeza antes do día 15 ou finaliza despois, incluído este, computarase como un mes enteiro para o cálculo do límite.
Documentacion

As persoas solicitantes deben presentar xunto coa solicitude os seguintes documentos:

  • Certificación académica dos estudos realizados no caso de que se realizaran nunha universidade distinta á de Vigo
  • Curriculum Vitae
  • Documentación acreditativa dos méritos alegados

Tamén se lles poderá requirir que acheguen outra documentación que sexa necesaria para a adxudicación da bolsa.

Observaciones

O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de setembro

Ao rematar de cubrir o formulario debe imprimilo, asinalo e entregalo por Rexistro

Documentos de convocatoria
Ligazóns
Teléfono: 986814094
Correo electrónico: bolsasformacion@uvigo.es
Enderezo web: https://www.uvigo.gal/estudar/xestions-estudantes/bolsas/bolsas-formacion#

21/09/2018 Listaxe provisoria do alumnado admitido

Observacións

Non habendo solicitudes excluídas a documentación será trasladada á Comisión de selección para o estudos das mesmas

Documentos dunha fase de convocatoria:

04/10/2018 Listaxe provisoria de bolsas concedidas

Observacións

O prazo para presentar alegacións remata o 11 de outubro

Documentos dunha fase de convocatoria:

23/10/2018 Listaxe definitiva de bolsas concedidas

Observacións

A persoa seleccionada deberá presentarse o día 2 de novembro ás 9:00 horas no Servizo de Prevención-Facultade de Filoloxía e Tradución-Edificio Isaac Newton-2º andar

Documentos dunha fase de convocatoria:
Atrás