Secretaría Uvigo

Novidades

23
Jul
2021
Aberto o curso 2021/2022 para o profesorado en FaiTIC-Claroline

Xa podes activar as materias en FaiTIC-Claroline para o curso 2021/2022.

Só se poden activar os espazos das materias que estaban creadas e visibles no 2020/2021 (non é posible tramitar novas altas). Se desexas empregar Claroline, debes activar a materia primeiro. Isto fará que estea visible e se lle asigne o profesorado do curso anterior.

Desde o Servizo, insistimos na necesidade de mudar a MooVi o antes posible, xa que FaiTIC-Claroline é unha ferramenta obsoleta. Moodle é a plataforma educativa máis empregada do mundo, cunha interface moderna, segura e na que implementamos novas funcionalidades (Turnitin, app móbil, gamificación, datos actualizados diariamente de POD e matrícula etc.).

Co fin de facilitar ao profesorado este cambio de plataforma, vén de implementarse unha nova funcionalidade que permite a exportación de preguntas de Claroline a MooVi. Tes a túa disposición os seguintes recursos de axuda:

Ademais, creouse un curso autoformativo a disposición de todo o profesorado que nolo solicite que contén diversos videotitoriais e test para axudar a adquirir as destrezas necesarias no manexo básico da plataforma (se desexas ter acceso escríbenos a soporte.moovi@uvigo.gal indicándonos o teu dni).

Calquera problema ou consulta, non dubidedes en pórvos en contacto con soporte.moovi@uvigo.gal.

Atrás